OBXECTO E AXUDA A finalidade desta axuda é a de apoiar ás persoas autónomas consolidadas a cal se concede para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
Nesta convocatoria cóntase con dúas LIÑAS DE ACTUACIÓN: - LIÑA 1. Mellora da competitividade a través de seguintes servizos: Investigación de mercado Plan de márketing Plan de comunicación do negocio Plan estratéxico do negocio Plan crecemento: constitución sociedade Plan de reorientación do negocio Plan de transformación dixital Plan de refinanciamento Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021
- LIÑA 2. Mellora da competitividade a través de diferentes investimentos. Compra de maquinaria Compra de útiles e ferramentas Reforma do local do negocio Equipos informáticos Rótulos Aplicacións informáticas e páxinas web Creación logotipo do negocio Mobiliario
No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
PERSOAS BENEFICIARIAS -Estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional -Teñan domicilio fiscal en Galicia -Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses -Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN 1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 2. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 13 de xullo e o 12 de agosto de 2021, ambos os dous inclusive.
MÁIS INFORMACIÓN Na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.
O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicou hoxe, 12.07.2021, no DOG núm. 131, a Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
OBXECTO E AXUDA
A finalidade desta axuda é a de apoiar ás persoas autónomas consolidadas a cal se concede para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
Nesta convocatoria cóntase con dúas LIÑAS DE ACTUACIÓN:
- LIÑA 1. Mellora da competitividade a través de seguintes servizos:
Investigación de mercado
Plan de márketing
Plan de comunicación do negocio
Plan estratéxico do negocio
Plan crecemento: constitución sociedade
Plan de reorientación do negocio
Plan de transformación dixital
Plan de refinanciamento
Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade
O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021
- LIÑA 2. Mellora da competitividade a través de diferentes investimentos.
Compra de maquinaria
Compra de útiles e ferramentas
Reforma do local do negocio
Equipos informáticos
Rótulos
Aplicacións informáticas e páxinas web
Creación logotipo do negocio
Mobiliario
No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
PERSOAS BENEFICIARIAS
-Estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional
-Teñan domicilio fiscal en Galicia
-Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses
-Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 13 de xullo e o 12 de agosto de 2021, ambos os dous inclusive.
MÁIS INFORMACIÓN
Na propia convocatoria ou chamando ao concello ao 981687001.