SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Mar, 03/04/2018

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña publicou o día 22.03.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 56, as bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2018 e o día 03.04.2018, no Boletín Oficial da Provincia núm. 62, a apertura do prazo de presentación de solicitude das seguintes convocatorias:

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2018 (FO203).

- Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2018 (FO204).

 

Acceso ao BOP onde se publican ás convocatorias.

Acceso ao BOP onde se publican os prazos de solicitude.

 

O prazo de solicitude das axudas ao abeiro das ditas convocatorias comeza o 04.04.2018 e rematará ás 14.00 horas do día 27.04.2018.

 

As solicitudes presentaranse, igual que o ano pasado, de xeito telemático na páxina web da Deputación Provincial, www.dicoruna.es, a través da plataforma SUBTEL. Para elo, a entidade deberá dispoñer:

- dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo

- de certificado dixital as persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría da entidade e a persoa que represente a entidade perante a Deputación se e distinta das dúas anteriores.

 

Calquera cuestión ou dúbida sobre estas convocatorias, pode informarse no concello ou no teléfono 981 687 001.