ACCIÓNS FORMATIVAS DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3

Xov, 15/04/2021

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de solicitude de inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3 dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola deputación da Coruña.

As competencias clave básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 de certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego a desenvolver no proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cursos nos que se poderá inscribir en posteriores convocatorias que abrirá a Deputación.

Poden presentarse á convocatoria as persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
-Ter cumpridos os 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
- Saber ler e escribir.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
                 - Persoas desempregadas de longa duración (PLD). 
                 - Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
                 - Persoas maiores de 55 anos.
                 - Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
                 - Persoas inmigrantes.
                 - Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
                 - Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
                - Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

As solicitudes de inscrición preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede Electrónica do Concello de Mesía/PEL EMPREGO SUSTENTABLE. Se o/a interesado/a non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde se lle facilitará o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

O prazo de presentación das ditas solicitudes de inscrición rematará ás 14:00 h do 12 de maio de 2021. (AMPLIACION DATA DE SOLICITUDES DO 5 AO 12 DE MAIO DO ACTUAL)


Máis información nos anexos que se achegan ou chamando ao concello ao 981687001.