ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROXECTO PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO ÁMBITO RURAL

Xov, 29/07/2021



O Concello de Mesía informa de que a partir de mañá, 30.07.2021, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar nas seguintes accións formativas dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña:


- Atención sociosanitaria a persoas en institucións_norte (3 edicións). Fin prazo inscrición o 3 de setembro ás 14:00 horas.
- Atención sociosanitaria a persoas en institucións_sur (2 edicións). Fin prazo inscrición o 13 de agosto ás 14:00 horas.
- Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición). Fin prazo inscrición o 3 de setembro ás 14:00 horas.
- Dinamización Comunitaria (3 edicións). Fin prazo inscrición o 3 de setembro ás 14:00 horas.
- Guía por itinerarios de baixa e media montaña (2 edicións). Fin prazo inscrición o 17 de setembro ás 14:00 horas.

Poden presentarse á convocatoria as persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran unha serie de requisitos.

As solicitudes de inscrición preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede Electrónica do Concello de Mesía/PEL EMPREGO SUSTENTABLE. Se o/a interesado/a non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde tamén se lle facilitará o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou nos documentos adxuntos.