Inicio curso de preparación exames ESO e convocatoria exames ano 2018

Mér, 24/01/2018

O Concello de Mesía organiza, en colaboración co Concello de Frades, un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse o 5 de febreiro do actual.

A finalidade de curso é preparar academicamente, a través de apoio titorial e formativo, ao alumnado asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención do título en ESO.

O curso  terá lugar os luns, os martes e os mércores, de 20.30 a 22.00 horas, no local social de Papucín (Frades), sito ao lado da Igrexa desta parroquia.

O prezo será de 25 €/mes no caso de preparar todos os ámbitos.

Aquela persoa interesada en participar neste curso aínda se pode anotar chamando ao concello ao 981 687 001 (preguntar por Pilar ou María José).

Por outro lado, infórmase que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 16 do 23.01.2018, a convocatoria ás probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

As solicitude de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centro educativos que se especifican na dita convocatoria.

Máis información sobre a dita convocatoria en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0001_gl.html

Para outra información chamar ao concello ao 981 687 001 (preguntar por Pilar ou María José).