PEL_SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO_FORMACIÓN

Mar, 12/01/2021
PEL SOCORRISMO ACUATICO_DEPUTACION PROVINCIAL

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, impartirá os seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica).

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

A programación é conxunta e indivisible, polo que non se pode seleccionar a participación na formación nun só dos certificados, ao existir módulos e unidades de competencia convalidables entre un certificado e outro, polo que o compromiso é de participar no programa completo para obter a dobre titulación que permita aumentar as oportunidades de manterse no mercado laboral todo o ano en non só nas tempadas de verán.

Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes.

O prazo de inscrición será ata o próximo VENRES  5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas POR MAIL por cada concello antes das 14 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).

Máis información nos documentos adxuntos.