BASES E CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES PEÓNS

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de TRES PEÓNS para o Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña PEL CONCELLOS 2020. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.108,33 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. O contrato terá unha duración máxima de cinco meses e nove días. As funcións propias do posto son, entre outras, a realización de tarefas de desbroce e limpeza dos parques e prazas públicas do concello, así como o mantemento dos viarios municipais mediante a limpeza, bacheo e outras reparacións varias así como traballos na rede de sumidoiros e nos accesos aos núcleos de poboación. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para participar no proceso selectivo ata o 05.06.2020, inclusive.
Documentación: 
Convocatoria e bases   -  Publicado: 29/05/2020 - 08:41
Documentación Complementaria: 
COMUNICACION DATA REALIZACION SORTEO PUBLICO POR EMPATE   -  Publicado: 10/06/2020 - 11:09
NOMEAMENTO PEÓNS E LISTA DE RESERVA. PEL CONCELLOS 2020   -  Publicado: 11/06/2020 - 12:39