BASES E CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS SOCORRISTAS

Obxecto: 
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, de DOUS SOCORRISTAS para a realización do servizo de vilixancia e salvamento nas piscinas municipais do Concello de Mesía durante dous meses ao abeiro do Programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña para o exercicio 2020 da Deputación Provincial da Coruña . A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.306,15 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRAZO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PROCESO SELECTIVO ATA O 19.06.2020, INCLUSIVE.
Documentación: 
CONVOCATORIA PUBLICADA NO BOP NÚM. 86, DO 12.06.2020   -  Publicado: 12/06/2020 - 07:40
Documentación Complementaria: 
BASES PROCESO SELECTIVO SOCORRISTAS 2020   -  Publicado: 12/06/2020 - 07:40
ANEXOS I E II   -  Publicado: 22/06/2020 - 13:51
NOMEAMENTO SOCORRISTAS 2020 E LISTA DE RESERVA   -  Publicado: 29/06/2020 - 12:33