Obxecto:
O obxecto da presente convocatoria é a CONTRATACIÓN en réxime de dereito laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de contrato temporal por obra ou servizo determinado, de acordo co artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, DUN PEÓN para a realización das labores de mellora forestal no Concello de Mesía ao abeiro da subvención concedida "APROL RURAL 2021" da Xefatura territorial da Consellería de Emprego e Igualdade da Coruña. A xornada de traballo é de 40 horas á semana e o salario é de 1.369,85 euros brutos ao mes, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. PRESENTOUSE A CORRESPONDENTE OFERTA DE EMPREGO NA OFICINA DE EMPREGO DE ORDES seguindo as instruccións da resolución da dita subvención.
Documentación:
BASES E CONVOCATORIA PEON APROL RURAL 2021_05-07-2021 - Publicado: 15/07/2021 - 10:34
Documentación Complementaria:
LISTA ADMITIDOS-EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO PEON APROL RURAL 2021, NOMEAMENTO TRIBUNAL E CONVOCATORIA PROBAS - Publicado: 15/07/2021 - 10:34
NOMEAMENTO PERSOAL LABORAL TEMPORAL PEÓN APROL RURAL 2021 - Publicado: 19/07/2021 - 11:41