Noticias

Xov, 16/05/2019

Proceso selectivo para a contratación temporal de 3 traballadores/as no Concello das Mesía a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos) da Deputación da Coruña.

As prazas corresponden a tres peóns.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral.

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

 

Ven, 10/05/2019
CAMPAÑA VELA 2019

Aberto prazo para anotarse la Campaña de Vela 2019

PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 18 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña.

É imprescindible que saiban nadar.

Con prioridade para os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela

DURACIÓN DO CURSO: 1 SEMANA, DE LUNS A VENRES, EN SEIS QUENDAS.

INFORMACIÓN:

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña

Tel.: 981 08 06 44

www.dacoruna.gal/deportes.

Mér, 08/05/2019
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019

Aberto o prazo para inscricións nos campamentos deportivos DE VERÁN 2019 no Centro CALVO SOTELO de A Coruña.

PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña.

LUGAR:

Centro Calvo Sotelo. Rúa Archer Milton Huntington, 24.

(Concello da Coruña).

INCLÚE por 85 €:

transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

Xov, 25/04/2019
Campamentos de Verán

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019. Estas actividades están dirixidas a rapazes/as dende 9 ata 17 anos cumplidos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019.

Adxuntamos información do servizos ofertados e inscrición en Ler máis>>

 

 

Mér, 10/04/2019
ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

Dentro do  Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local  da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP). Está dirixido a xoves de ata 30 anos.

O prazo de inscrición péchase o próximo MARTES 30 DE ABRIL ás 14:00 horas.

Adxuntamos  información do proxecto, e folla de inscrición en LEER MAIS

Páxinas