O Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 7, do 13/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas á rehabilitación, remate ou ampliación de vivendas, así como ao cambio de uso de locais a vivenda, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, co obxectivo de fixar poboación no medio rural.
Actuacións subvencionables: Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda. Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:as de accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade, eficiencia enerxética das vivendas, actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas. As obras non poderán estar iniciadas á data de publicación da convocatoria.
Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.
A contía da subvención será o 75 % do orzamento protexido, cun máximo de 30.000 € por vivenda.
A presentación das solicitudes será dende as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026.
O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 3, do 07/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026.
Actuacións subvencionables: Actuacións de restauración e/ou revestimentos de elementos de fachada. Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior da cuberta. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles.
A contía da subvención será o 70 % do orzamento da inversión subvencionable, cun máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
A presentación das solicitudes será dende as 12.00 horas do 16/01/2026 ata as 23.59 horas do 16/02/2026.
O XIV Torneo de fútbol sala MESÍA CONTRA O CÁNCRO organizado o 27 de decembro polo Concello de Mesía e ca aportación de particulares, das empresas colaboradoras e dos patrocinios do Grupo Ramon García, de Erimsa y de Campo SL; conseguiron facer unha doazón a favor da AECC de 2.852 €
Dende o Concello agradecemos a participación e solidariedade de particulares, empresas, asociacións, patrocinadores e equipos que participaron neste evento deportivo.
Presentamos os Horarios da xornada co Cadro de competición do XIV TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" 2025. Dende o Concello organizamos este evento para recadar cartos para a loita contra o cáncro por medio da AECC (Asociación Española contra el cáncer) a favor da AECC.
Destacar coma novidade deste ano: o partido de exhibición que haberá antes das finais, será das Escolas deportivas municipais de Hockei do Concello de Mesía, por parte do Club Patín Zendal.
No VII TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA" deste ano xogaron preto dos 100 participantes, en 10 equipos que sumados as 280 persoas do público contribuiron na tarde do 12 de decembro a una gran recollida de donativos a favor da Asociación AMARAI de Boimorto (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide).
Agradecemos dende a organización do Concello de Mesía a masiva participación e solidariedade da veciñanza e das persoas ligadas aos equipos que se achegaron.
Noticias
AXUDAS DE REHABILITACION DE VIVENDAS NO RURAL ANO 2026

Máis información en "Ler máis".
AXUDAS ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS ANO 2026
O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 3, do 07/01/2026, a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026.
Actuacións subvencionables: Actuacións de restauración e/ou revestimentos de elementos de fachada. Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior da cuberta. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Son persoas beneficiarias as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles.
A contía da subvención será o 70 % do orzamento da inversión subvencionable, cun máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
A presentación das solicitudes será dende as 12.00 horas do 16/01/2026 ata as 23.59 horas do 16/02/2026.
Máis información en "Ler máis".
O XIV TORNEO "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" RECADA 2.852 €
O XIV Torneo de fútbol sala MESÍA CONTRA O CÁNCRO organizado o 27 de decembro polo Concello de Mesía e ca aportación de particulares, das empresas colaboradoras e dos patrocinios do Grupo Ramon García, de Erimsa y de Campo SL; conseguiron facer unha doazón a favor da AECC de 2.852 €
Nova do evento en LA VOZ DE GALICIA.
Dende o Concello agradecemos a participación e solidariedade de particulares, empresas, asociacións, patrocinadores e equipos que participaron neste evento deportivo.
HORARIOS DO XIV TORNEO "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" 2025
Presentamos os Horarios da xornada co Cadro de competición do XIV TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO" 2025. Dende o Concello organizamos este evento para recadar cartos para a loita contra o cáncro por medio da AECC (Asociación Española contra el cáncer) a favor da AECC.
Destacar coma novidade deste ano: o partido de exhibición que haberá antes das finais, será das Escolas deportivas municipais de Hockei do Concello de Mesía, por parte do Club Patín Zendal.
TARDE DE SOLIDARIEDADE CON AMARAI NO TORNEO INFANTIL 2025

Páxinas