O Concello de Mesía adheriuse ao programa de compostaxe doméstica promovido por Sogama co fin de reciclar e recuperar in situ a materia orgánica producida nos fogares, o que, sen dúbida, supoñerá importantes beneficios ambientais, económicos e sociais para o noso municipio e, en definitiva, para a nosa veciñanza.
Sogama dotará ao concello de 25 composteiros de 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, que se distribuirán aos/ás veciños/as do municipio que o soliciten. Así mesmo tamén se lles entregará un manual explicativo que lles axudará na realización da compostaxe doméstica, propiciando así a recuperación da materia orgánica na súa orixe e obtendo compost, produto con excelentes propiedades como fertilizante.
Para ter un composteiro, os/as veciños/as terán que solicitalo chamando ao concello ao 981687001 e acudir obrigatoriamente a charla que realizarán os técnicos de Sogama o día 27 de febreiro do actual ás 17:00 h. na Casa da Cultura, Xanceda. Os composteiros repartiranse nesta charla. No caso de haber máis solicitudes que composteiros sortearanse ese mesmo día diante dos/as asistentes.