O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social e Xuventude publicou no DOG núm. 126 do 04/07/2023 a ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.
Estas axudas están dirixidas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o 15/09/2023.
Máis información en "Ler máis".
Noticias
Mar, 11/07/2023 |
|
|
Ven, 07/07/2023 |
|
|
Xov, 06/07/2023 |
Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2023 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os días 15 e 16 de xullo. INSCRICIÓN ATA O 10 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia). Enviando o cadro de inscrición a actividades@concellodemesia.gal ou tlf: 609353115. |
|
Xov, 29/06/2023 |
A veciñanza do Concello de Mesía está de sorte con esta novidosa actividade para todas as idades os mércores en horario 10:30-11:30h no Complexo deportivo de Mata - Xanceda. Quedamos con roupa cómoda, calzado deportivo, botella de auga e gorra! Buscamos exercitar o noso corpo con exercicios - xogos - bailes, a un ritmo adaptado a cada un. Vémonos o día 5 para movernos pola nosa SAÚDE!! |
|
Xov, 29/06/2023 |
O domingo, 25 de XUÑO, o grupo de sendeirismo con 33 persoas fixemos a cuarta saída do ano Concello Mesía Foron uns 10 kms pola costa das Mariñas coruñesas entre Sada e Carnoedo. A próxima quedada será na ANDAINA POPULAR onde celebraremos o fin de tempada ata setembro.Será o 22 de Xullo en HOSPITAL DE BRUMA. O percorrido é moi sinxelo para todas as idades: de 5 Kms. Ao rematar cos máis peques faremos CIRCUITO DE CARREIRAS INFANTÍS. |
|
Mér, 21/06/2023 |
|
|
Dom, 18/06/2023 |
CONSULTA O NOSO PROGRAMA DE ACTIVIDADES E EVENTOS PARA ESTE VERÁN: Temos actividades diversas para todas as idades: campamentos de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, saídas a praia ao aquapark e de sendeirismo, actuacións, andaina popular (que sustituirá a carreira), tamén teremos Torneos de fútbol e de tenis, e a festa da auga. PISCINAS MUNICIPAIS: Informamos do novo horario da piscina infantil: de luns a venres as 16:00-21:00. Durante fines de semana e festivos será igual que o horario da piscina grande 12:00 - 21:00. O martes 20 de xuño abre a piscina grande e o 26 de xuño tamén a infanil. |
|
Ven, 16/06/2023 |
O Concello de Mesía informa de que se vai realizar o Programa Concilia Xove para nenos de máis de 12 anos (de 12 a 16 anos). Máis información chamando ao concello.
|
|
Lun, 12/06/2023 |
O Concello de Mesía informa de que o 14 de xuño abre o prazo para a inscrición de nenos e nenas, ata 12 anos, inclusive, no Campamento de Conciliciación do verán. |
|
Lun, 05/06/2023 |
O Concello de Mesía informa que o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou no DOG núm. 104, do 02/06/2023, a Resolución do 16 de maio de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con carácter plurianual. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- …
- seguinte ›
- última »