Noticias

Mar, 14/11/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais totais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.
 

Máis información en "Ler máis".

Mar, 14/11/2023
RUTA DE SENDEIRISMO CONCELLO DE MESÍA: CECEBRE - O BURGO

O domingo 19 faremos a seguda saída de sendeirismo do curso. Serán uns 10 kms polo entorno do Río Mero percorrendo o paseo dende o Encoro de Cecebre ata o do Burgo.
A saída será as 09:00h da Praza do concello en Xanceda.

Comida as 14h, con posibilidade de elexir entre Menú pagando 15€ ou traer o Bocata.

Regreso tras a comida, sobre as 17:00h en Xanceda.

Coste saída entre 10€-15€ do bus. Ingresarase individualmente tras a Ruta.

Mar, 14/11/2023
CAMPAÑA NEVE DEPUTACIÓN CORUÑA 2024

A Deputación da Coruña pon en marcha a saída de ESQUÍ na Estación de VALGRANDE - PAJARES (Asturias).

Nesta campaña ao CONCELLO DE MESÍA correspóndenlle 4 PRAZAS na 6ª quenda: 16 ao 19 de febreiro.

PRAZOS:

Inscricións no Concello ata o 1 de decembro. (Adxuntamos FICHA de inscrición).

Sorteo o 4 de decembro.

INFORMACIÓN XERAL:

Xov, 09/11/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 27/10/2023

O Concello de Mesía informa que, segundo comunicación da Oficina do Censo Electoral, en relación coas Eleccións ao Parlamento Europeo de 9 de xuño de 2024, todos os extranxeiros da UE residentes en España que deben presentar a súa MANIFESTACIÓN DE VONTADE DE VOTO EN ESPAÑA PARA AS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO que se celebrará o 9 de xuño de 2024.
 

A solicitude debe presentarse :
-POR INTERNET: https://sede.ine.gob.es/manifestacionVotoPermanente/presentacion mediante o sistema cl@ve
NO CONCELLO DE RESIDENCIA mediante a presentación do impreso de declaración formal, que poden descargar na páxina https://sede.ine.gob.es/manifestacionVotoPermanente/presentacion 

O prazo para a presentación remata o día 30.01.2024.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 20/10/2023

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VI" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.


As especialidades que se impartirán son:
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.


Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección de persoal directivo, docente e de apoio deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia para ditas ofertas ou vincularse a dita oferta a través do portal de emprego da Xunta de Galicia (emprego.xunta.gal).

Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o mércores 25 de outubro de 2023, inclusive.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/cita previa.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 20/10/2023

O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Provincial da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade de A Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Mancomunidade de Ordes III" do que Mesía forma parte.

As especialidades que se van a impartir son:
1) PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCION (EOCB0311). NIVEL 2.
2) MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA (MAMR0108). NIVEL 2.

O programa terá unha duración de 12 meses.

O dito obradoiro está dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, que cumpran os requisitos de acceso para os certificados de nivel 2.

solicitude de participación pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes antes do 25 de outubro do actual.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 05/10/2023

O Concello de Mesía informa de que onte, 04/10/2023, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o extracto polo que se convocan axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado do curso 2023-2024.

prazo para presentar as solicitudes comeza hoxe día 05/10/2023 ata o 31/10/2023, ambos os dous inclusive.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 05/10/2023

O Concello de Mesía informa de que onte, 04/10/2023, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o extracto polo que se convocan axudas para transporte escolar para o alumnado do curso 2023-2024.

prazo para presentar as solicitudes comeza hoxe día 05/10/2023 ata o 31/10/2023, ambos os dous inclusive.

Máis información en "Ler máis"

Xov, 28/09/2023

Rematado o prazo de inscrición xeral, informamos con esta táboa das actividades que quedan con prazas libres, e a súa cantidade,  a día de hoxe.

As que xa teñen o cupo máximo, e polo tanto non admiten inscicións son: Pilates, Patín 1 e 3, Pintura 1 e 2, e Ximnasia adaptada.

O resto teñen algunhas prazas dispoñibles.

As únicas actividades que non comezan para a semana son Psicomotores da tarde, Danza urbana medianos e Informática. Se conseguen grupo mínimo máis adiante, comezarán enton.

Páxinas