Noticias

Dom, 14/08/2016
CARREIRA 12K CONCELLO DE MESIA 2016

Un total de 160 atletas correron en Visantoña e Olas (Mesía) nas 6 diferentes Carreiras populares 2016. O Concello de Mesía recoñece, con agradecementos, que o bo funcionamento da proba foi pola boa vontade de veciñ@s, voluntari@s, traballador@s do Concello; así coma da colaboración das seguientes empresas: CARPINTERÍA RAMÓN GARCÍA, BANCO SANTANDER, EROSKI, REST MANTEIGA, REST CANAIMA, A FONTE, CORRER EN GALICIA, VEREA TEJAS Y TEJADOS, COCA COLA, ABANCA, ASOC PROV PROTECCIÓN CIVIL, EUROFRUIT, PANAD PEDRO FERNÁNDEZ, PANAD BOGA, CASA ZAPATEIRO, PINTURAS TOCHO, CLUB ATLETISMO ORDES, FROITERÍA A NOVA, PANAD SÁNCHEZ, PANAD A TILLEIRA, PROGANDO, PANAD VISANTOÑA, COOPERATIVA DE FRADES, CLUB ATLÉTICA A SILVA, CASA GRANDE DE XANCEDA e ARGAL.

Xov, 11/08/2016
CARTEL CARREIRA 2016

O sábado 13 de agosto celébranse as Carreiras da Popular Concello de Mesía 2016. A zona de Meta é o Campo de fútbol municipal "As Brañas" de Visantoña.  O Concello agradece as empresas colaboradoras e voluntarios do evento a súa axuda. AVISO AO TRÁFICO: AS ESTRADAS MUNICIPAIS DO CONCELLO QUE PASAN POR OLAS E VISANTOÑA ESTARÁN CORTADAS 19:00 - 20:00 h.

Mér, 10/08/2016

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, fixo entrega esta mañá dos títulos da concentración parcelaria de Visantoña, no concello coruñés de Mesía, dando así por finalizado este proceso. Esta reorganización territorial afecta a unha superficie de 750 hectáreas e beneficia 579 veciños.

Mar, 02/08/2016

O punto limpo dos concellos de Frades e de Mesía abrirá as súas portas o vindeiro mércores 3 de agosto no lugar de Alamparte, parroquia de Céltigos (Frades), que dará servizo aos veciños e veciñas empadroados en ambos municipios. Unha parcela emprazada a pé da N-634, polo que é de doado acceso tanto para os veciños de Frades como para os de Mesía. Inicialmente, os horarios de atención ao público serán os mércores, de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 12:00 a 16:00 horas.

Ven, 29/07/2016
CARTEL FESTA DA AUGA 2016

O sábado 30 de xullo ás 16:00 nas piscinas municipais de Mata - Xanceda celebraremos a FESTA DA AUGA 2016.

Este ano traemos dous inflables acuáticos (Cactus e Tobogán), faremos xogos de auga e Festa da escuma.

A Festa é para adultos e pequenos que estean dispostos a mollarse e divertirse!

Páxinas