O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.
O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.
O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son: - EOCB0311 PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN - MAMS0108 INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN pode realizarse de modo telemático a través da oficina de emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes ANTES DO DÍA 28 DE OUTUBRO.
Máis información en: Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes Rúa Xoxardo, s/n (Bajos de la Alameda) 15680 - Ordes - A Coruña Tlf: 981 680 002
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durantenove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal e/ou xardinería, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son: - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1. - Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 18 DE OUTUBRO DE 2024, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citasepe/
O Concello de Mesía aprobou hoxe, 20/09/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 372/2024 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 coa ffinalidade destas axudas é incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior tras a crise da COVID-19, de poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia, corrixindo o acceso desigual ás novas tecnoloxías, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a igualdade na integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.
As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2024-2025.
A contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2024.
O prazo de solicitude destas axudas xa está aberto (Publicacion convocatoria no BOP núm. 186 do 26/09/2024) e finalizará o día 31/10/2024.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Noticias
PROGRAMA DE FINANCIAMENTO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS ANO 2024
O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.
Máis información en "Ler máis"
ENVELLECEMENTO ACTIVO MESIA 2024
O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024, subvenciona o Proxecto Envellecemento Activo Mesía 2024 cunha axuda de 6.733,71 € para a realización de actividades de prevención do deterioro físico, do deterioro mental e estimulación cognitiva e para o fomento da saúde e da calidade de vida dos nosos maiores.
Máis información en "Ler máis".
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO MANCOMUNIDADE DE ORDES
O Concello de Mesía informa que a Mancomunidade dos Municipios de Ordes vai realizar o OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “MANCOMUNIDADE ORDES IV” dirixido a persoas desempregadas da Mancomunidade de Ordes, maiores de 18 anos, e que cumpran os requisitos para o acceso para os certificados de nivel 2. As especialidades que se impartirán son:
- EOCB0311 PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN
- MAMS0108 INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN pode realizarse de modo telemático a través da oficina de emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes ANTES DO DÍA 28 DE OUTUBRO.
Máis información en:
Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes
Rúa Xoxardo, s/n (Bajos de la Alameda)
15680 - Ordes - A Coruña
Tlf: 981 680 002
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO - RIO SAMO VII. BASES
O Concello de Mesía informa de que a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de da Coruña aprobou o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII" do que Mesía forma parte cos concellos de Ordes (promotor) e Frades.
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal e/ou xardinería, de tres meses máis.
As ESPECIALIDADES que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinaría. Nivel 1.
Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como DATA LÍMITE O 18 DE OUTUBRO DE 2024, inclusive.
PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DO NÚMERO DE TELÉFONO: 981900643 OU A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: emprego.xunta.es/citasepe/
Máis información en "Ler máis".
ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO INFORMÁTICO ALUMNADO CURSO 2024-2025

Páxinas