Noticias

Xov, 20/06/2019
CURSO PARA MOCIDADE

É un proxecto integrado  que combina formación en aula e coñecemento do medio natural con itinerarios de campo facendo para iso un uso intensivo de novas TICS.

REQUISITOS Ter entre 14 e 30 anos.

PARTICIP.  10 alumnos/as

IMPARTE Universidades Santiago de Compostela

DATA Comeza o 22 de xullo de 2019

Nº DE HORAS  50 horas

HORARIO 5 horas ao día. Horario por determinar.

INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda.

INSCRICIÓN Ata o 15 de xullo no Concello de Mesía departamento de Xuventude. Prazas limitadas por orde de inscrición.

Mér, 19/06/2019

Aplazamos a Festa da auga para o sábado 29 de xuño por mor do mal tempo destes primeiros días de apertura das piscinas.

As piscinas de Mata Xanceda abrirán do 21 de xuño ao 1 de setembro no seu horario habitual.

Mar, 18/06/2019
PRAIA DE BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas os xoves 27 de xuño; 4, 11 e 18 de xullo; e 1, 8, 22 e 29 de agosto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello a partir do 10 de xuño  (máis información no teléfono 981 68 72 38).

Lun, 17/06/2019
Campions Copa Coruña Xuvenís VISANTOÑA CF 2019

Dende o Concello de Mesía queremos felicitar ao VISANTOÑA CF polos títulos acadados nesta recta final da tempada, así coma polo esforzo na promoción do fútbol en todas as categorías.

Noraboa polo título de COPA DA CORUÑA XUVENIL e polo ASCENSO A PRIMEIRA CADETE!

Ven, 14/06/2019

ANUNCIO do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Xanceda número 7138, concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido por Erimsa (clave 2016/0201).

Xov, 13/06/2019

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, que engloban:

Escolas e campus infantís e xuvenís, obradoiros e cursos, eventos deportivos e saídas.

Inscricións: Dende o 14 de xuño ata o 26 de xuño para as Escolas de Verán. 

Dom, 02/06/2019
Festa clausura actividades CONCELLO DE MESIA 2019

O venres 31 de maio e o 1 de xuño 2019 celebráronse no Pavillón do CPI de Xanceda as Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais deportivas e culturais do presente curso.

Ven, 31/05/2019
BANDA DESEÑADA 2019

Este ano o certame de banda deseñada tivo como convidada a OLAYA NAVEIRA  ILUSTRADORA, AUTORA DO CARTEL QUE ANUNCIA O CERTAME.

OLAYA falou con nenos/as da E.S.O, e ademáis foi presidenta do xurado. Os premios este ano quedaron repartidos deste xeito:

(Clicar en LER MÁIS)

Ven, 31/05/2019
II EDICIÓN DE "PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS"

Mediante este evento o Concello de Mesía pode promocionar  os  productos ( turísticos, gastronómicos ….) máis relevantes do seu territorio . Para iso contaremos cunha carpa pequena o sábado, 22 de xuño, na Alameda de Pontedeume.

Todas as empresas ou productores  do Concello  que queiran deixar folletos , productos … para a súa promoción están convidados a facelo.

Necesitamos saber canto antes  as empresas que queren participar para elo anotadevos chamando  o concello  981687001 ( ext. 3, Cultura )   

Lun, 27/05/2019

Listaxe definitiva de admitidos e convocatoria dos aspirantes e dos membros do tribunal cualificador para a realización do exame que terá lugar o mércores 29 de maio de 2019 ás 09:00 horas na Casa Consistorial sita en Xanceda.

Con posterioridade os membros do tribunal cualificador avaliarán a documentación da fase de concurso.

 

Ver a oferta de emprego.

 

Páxinas