Noticias

Lun, 04/08/2014

O Concello de Mesía publica o cadro de competición e a normativa do VIII Torneo de Tenis que leva o seu nome. Os partidos comezan a disputarse esta mesma semana, a partir de mañá martes, e a final está prevista para o sábado 30 de agosto a partir das 11:00 horas.
Consulte o cadro de competición e a normativa.
O torneo está patrocinado por Coca-Cola, que ofrece bebidas para os competidores durante este evento deportivo.

Lun, 28/07/2014

Preto de medio cento de nenos e nenas participaron durante este mes de xullo nos campamentos de verán 'XoeCon' (xogar e conciliar) do Concello de Mesía. Estiveron distribuídos en dous grupos de idade: un de catro a oito anos e outro de nove a trece anos. Os campamentos ofreceron numerosas actividades de creatividade artística, novas tecnoloxías, deporte ou lecer.

Mar, 22/07/2014

O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola, celebrarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A competición dividirase en categorías de fútbol-8, fútbol-5 e fútbol-11. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto, no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 21/07/2014

O Concello de Mesía organiza unha saída ao lago artifical das Pontes para o venres 8 de agosto. Poderán participar persoas de todas as idades. Na viaxe, coñecerán distintos lugares de interese do municipio pontés, xantarán nunha área recreativa e pasarán a tarde no lago, apto para o baño. O prezo desta actividade é de 5 euros. As inscricións teñen que formalizarse antes do 5 de agosto. Toda a información en 'ler máis'.

Xov, 17/07/2014

Xa está aberto o prazo para inscribirse, de xeito gratuíto, na IV Carreira do Concello de Mesía, que se disputará o sábado 13 de setembro. Quen queiran participar terán que anotarse antes do 12 de setembro a mediodía no correo mjgrobas@hotmail.com. A carreira contará cunha proba xeral de 12 quilómetros de lonxitude e dunha minicarreira de seis quilómetros, ademais de probas específicas para categorías inferiores, con percorridos desde os 200 ata os 3.000 metros. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 14/07/2014

Xa está convocado o VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 1 de agosto, mediante un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es. Con categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non), a competición disputarase durante todo o mes nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata (Xanceda). Máis información en 'ler máis'.

Mar, 01/07/2014

O Concello de Mesía divulga diversas convocatorias de axudas autonómicas para a rehabilitación e mellora de vivendas e para o emprego. Trátase das axudas á rehabilitación de fachadas de vivendas con granito, á renovación de cubertas con tella cerámica e á renovación de cubertas de lousa, todas elas con prazo de solicitude ata o 31 de xullo ou agotamento de fondos. Tamén se convocaron os incentivos á afiliación á Seguridade Social de mulleres titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, á promoción do emprego autónomo de xóvenes menores de trinta anos, e á promoción en xeral do emprego autónomo. Nestes tres casos, o prazo de solicitude remata o 30 de setembro, con carácter xeral. Toda a información e o acceso ás convocatorias, en 'ler máis'.

Xov, 19/06/2014

Hoxe, durante a festa de fin de curso do CPI de Xanceda, entregáronse os premios do III Certame de Banda Deseñada, convocado polo centro educativo e polo Concello de Mesía. O alcalde, Mariano Iglesias, acudiu á entrega dos premios, con categorías de infantil, primaria e secundaria, ademais dunha mención especial e un premio extra para o máis votado no blog do concurso. Máis información en 'ler máis'.

Lun, 16/06/2014

O Concello de Mesía acaba de presentar a súa programación de actividades culturais e deportivas para o verán 2014. Inclúe escolas de verán e campus infantís, actividades e escolas para adultos, obradoiros específicos para a xuventude, varios eventos deportivos e diversas saídas lúdicas, entre elas o programa 'Imos á praia'. Boa parte da programación terá como epicentro a piscina municipal e o complexo deportivo adxacente, que abren este sábado 21 de xuño. As inscricións para as escolas de verán, que comezan o 7 de xullo, poden efectuarse ata o 30 de xuño. Toda a programación neste boletín.
Ficha de inscrición.

Lun, 16/06/2014

A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, comprobaron esta mañá a reparación de varios camiños rurais no municipio. O Concello de Mesía recibiu unha achega de máis de 74.000 euros para o acondicionamento de varias pistas, nunha acción enmarcada no Plan Marco de Mellora de Camiños de titularidade municipal que desenvolve a Consellería do Medio Rural e do Mar. Máis información en 'ler máis'.

Páxinas