Noticias

Xov, 12/12/2024

O Concello de Mesía publica o acordo de concesión de axudas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025 e que ademais serve de notificación aos/ás beneficiarios/as conforme á base oitava da dita convocatoria.

Máis informacion en "Ler máis".

Xov, 05/12/2024

O Concello de Mesía publica a lista provisional das solicitudes admitidas e excluídas relativa á convocatoria das axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2024/2025, extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 186 do 26/09/2024. Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o 10/12/2024, inclusive, para a presentación de alegacións que estimen oportunas.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 27/11/2024


O Concello de Mesía informa que a Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2024" e "POS+Adicional 1/2024", financiou:

- a realización de dúas obras: Pista en Seble e outro e Reforzo de firme en pista xeral en Bascoi (A Fraga-Recelle) cun importe de 176.032,83 €, ao abeiro do POS+2024, aportando o concello un total de 13.235,95 €. 
- gastos correntes, ao abeiro do POS+2024, cun importe total de 226.989,70 €.
- gastos sociais extraordinarios (gastos correntes), ao abeiro do POS+Adicional 1/2024, cun importe de 64.854,20 €.
- a realización de tres obras: Mellora pista en Cova de Vales (Cabrui), Mellora pista do Río a Ponte Mou (Cabrui) e outros e Mellora pista Cruce de Recelle a Picha e outros, ao abeiro do POS+Adicional 2/2024, cun importe total de 214.522,07 €.


Máis información en "Ler máis".

 

Xov, 21/11/2024

O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VII.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 18/11/2024

O Concello de Mesía informa de que a Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais do ano 2024 financiou o gasto do persoal do departamento de Servizos Sociais (administrativa e educadora familiar) e do persoal auxiliar de SAF libre concorrencia no exercicio 2024 cunha subvención total de 111.400,00 €.  

Máis información en "Ler máis"

Páxinas