Noticias

Mér, 10/09/2014

O Concello de Mesía organiza unha excursión á comarca do Bierzo (León) para o sábado 18 de outubro. Ademais de coñecer Villafranca, capital histórica da comarca, os participantes visitarán unha adega e o 'Museo da Madeira' en Balboa. O prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro. Custa 25 euros por persoa, 28 para quen non estea empadroado no municipio de Mesía.

Lun, 08/09/2014

Este venres a mediodía remata o prazo para inscribirse na cuarta edición da Carreira do Concello de Mesía, que se disputa ao día seguinte, sábado 13 de setembro. A anotación é gratuíta, está aberta a participantes de toda idade e procedencia, e debe formalizarse no correo electrónico mjgrobas@hotmail.com. Existe unha proba xeral, a minicarreira e as carreiras das categorías de base.

Pode seguir o evento en facebook: https://www.facebook.com/events/1553448308199974/

Dom, 31/08/2014

O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía ten como gañadores ao equipo de Mesía na categoría de fútbol 11, ao de Cumbraos na de fútbol 8, e ao de Mesía en fútbol 5. A competición, na que colabora Coca-Cola, disputouse hoxe no campo municipal de céspede artificial en Visantoña, con máis de 300 espectadores durante toda a xornada.

Sáb, 30/08/2014

Mateo Fernández proclamouse hoxe campión do VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía. Venceu na final a Manuel A. Gontán, por un resultado de 6-3 e 6-1. O concelleiro de Deportes, Iván Méndez, presidiu a entrega de trofeos desta competición, que se desenvolveu durante o mes de agosto nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda.

Ven, 29/08/2014

O Concello de Mesía informa de que a unidade móbil para a doazón de sangue visitará Xanceda o vindeiro martes 2 de setembro, de 10 a 14:30 horas diante do Concello. Ao día seguinte, de 16 a 21 horas, estará en Mesía, nas inmediacións da igrexa parroquial. O Concello anima a participar nesta iniciativa para contribuír a atender as necesidades de sangue no sistema sanitario.

Páxinas