Noticias

Ven, 12/02/2021
PUBLICAMOS O VIDEO DO DESFILE VIRTUAL 2021

O Concello de Mesía presenta esta iniciativa novedosa xa que non podiamos xuntarnos este ano polo entroido como faciamos sempre.  

Podedes velo publicado no apartado DESTACADOS desta web ou NESTE ENLACE.

Máis de 80 participantes enviaron as súas fotos con disfraces variados mostrando o seu espírito entroideiro.

Agradecemos a participación e animamos a correr o entroido en Mesía con #sentidiño.

Bo Entroido!

Mar, 09/02/2021
ACTUACIÓN NAS ESCOLAS NO ENTROIDO 2021 - Concello de Mesia

O Concello de Mesía levará aos centro escolares do concello actuacións para celebrar o entroido.

Serán FRAN REI co seu monólogo de "SUPERHEROE", PEDRO BRANDARIZ con "PROFUNDIZANDO NA GALICIA PROFUNDA" e  MARÍA FALTRI  PICADISCOS co seu espectáculo "BIBLIODISCOTECA".

As actuacións están organizadas e subvencionadas polo Concello de Mesía.

Mér, 03/02/2021
AXUDAS MOCIDADE COMPRA VIVENDA

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia publicou, o 02.02.2021, no DOG núm. 21, a convocatoria de axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:
- Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.
- Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan varios requisitos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021.

Máis información en "Ler máis".

 

Mar, 02/02/2021
PEL REACTIVA

O Concello de Mesía publica a Resolución, ditada pola Alcaldía o 02.02.2021, da aprobación de concesión definitiva das axudas correspondentes ao PEL REACTIVA 2020 convocadas polo concello coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as ao abeiro da adhesión ao Fondo de Finanaciamento para a reactivación económica e social da provincia da Deputación Provincial da Coruña.

De conformidade co establecido na base 12ª da dita convocatoria, os/as beneficiarios/as da subvención deberán presentar a documentación xustificativa referida expresamente aos conceptos de gastos subvencionables establecidos na base 7ª ata o 31.03.2021.

Poden consultar a dita resolución en "Ler máis".

Mar, 02/02/2021
VICHELOS ENTROIDEIROS?? - Concello de Mesia 2021

O Concello de Mesía presenta a segunda actividade do Entroido 2021 para facer desde as casas. Animádevos a participar para Correr o entroido en Mesia!!

O RETO CONSISTE en conseguir as 12 fotos con cada “entroideiro” que estarán percorrendo as 12 parroquias do concello a partir do venres 5 de febreiro.

Como os atopamos?  PASOS A SEGUIR:

1.º  PREGUNTAS: Teredes que estar atentos ás preguntas publicadas no facebook do 5 ao 15 de febreiro. (Atención!: poden ser dúas no mesmo día!).

2º  RESPOSTAS:  Teredes que responder por wasap ata ás 17:00 horas dese día.

3º PISTA: Ó recibir a resposta correcta, esa tarde, enviámosvos a pista que vos levará a ubicación do entroideiro.

4º FOTO: Localizádeo e facédevos unha foto con él. Se vós non ides ó lugar, podedes mandar a foto con outra persoa que vola envíe a vos (a foto co “entroideiro” pode sacala calquera persoa pero non se pode repetir, isto é, non pode unha persoa facer fotos para varios concursantes.)

5º  DESAPARECERÁ EN 2 DÍAS: Procurade facelo o antes posible pois o entroideiro desaparecerá dese lugar en dous días.

6º  EXTRA COMODÍN: Todos teredes a opción dun Comodín. Se non podedes achegarvos a facer unha das fotos, podedes solicitarnos o Comodín tras contestar correctamente a pregunta.

Páxinas