Noticias

Ven, 08/01/2021
Transporte Público de Galicia

A posta en marcha do novo plan de transporte público coa adxudicación dos novos contratos e concesións de liñas licitadas pola Xunta de Galicia conlevou a modificación de horarios e recorridos.

Dende a víspera de Noiteboa a UTE Hércules, operador XG846 formada polas empresas Gilsanz e Autos Rico son as que prestan o servizo de transporte público polo concello de Mesía. (preme ler máis para toda a información)

Xov, 07/01/2021
FURNAS COS BOLETOS MERCAMESIA 2020

Xa temos os Boletos nas súas furnas no salón de plenos, agardando ao Sorteo.

A extracción dos boletos gañadores realizarase mediante sorteo público o día 8 de xaneiro de 2021  ás 12:00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial; sendo o público admitido por orde de chegada ata un máximo de dez persoas, que completaría o aforo da sala de acordo coa normativa de distanciamento motivada polo Covid-19.

En LER MÁIS está toda a información.

Mér, 06/01/2021
CAMPAÑA MERCA MESIA - Concello de Mesia

Hoxe rematamos a Fase 1ª da campaña MERCAMESIA 2020 na que se depositaron os boletos por cada 10 € de gasto realizado nos establecementos Mesía. #MERCAMESIA

As furnas cos boletos recolleranse, como está marcado nas Bases, o día 7 de xaneiro de 2021.

Mar, 05/01/2021
VISITA EN TREN DOS REIS MAGOS - CONCELLO DE MESIA 2021

Os Reis visitaron a máis de 200 nenos e nenas na xornada de onte, 4 de xaneiro, repartindo chuches e agasallos (personalizadas cunha bolsa por seguridade) a tod@s @s que se achegaron.

O percorrido para ver os Reis Magos no seu tren comezou cunha nevarada en Lanza as 11 da mañan e rematou con sol as 18:30 en Hospital de Bruma tras pasar polas outras 10 paradas nas parroquias onde se anotaron rapaces/zas: Castro, Albixoi, Cabrui, Bascoi, Xanceda, Olas, Mesia e Visantoña.

Ven, 01/01/2021
TREN DOS REIS CONCELLO DE MESIA 2021

O percorrido para ver os Reis Magos o 4 de xaneiro comezará as 11:00 en Lanzá e rematará as 18:00 en Hospital de Bruma tras percorrer todo o concello. Adxuntamos imaxe co horario de paso estimado por cada parada.

Agradecemos a responsabilidade para cumprir ca NORMATIVA NAS PARADAS:

MÁSCARA obrigatoria.

Manter o DISTANCIAMENTO de 2 metros.

Facer unha FILA para achegarse a zona dos Reis.

Procurar que @s nen@s PEQUEN@S vaian DIANTE na fila.

Páxinas