O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 46, do 9 de marzo de 2020, a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e empregabilidade.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtenicón do permiso de conducir de clase B e 650 € para o permiso de clase C.
Poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos, que estean empadroadas, cunha antigüidade mínima dun ano, na Comunidade Autónoma de Galicia, estar inscritar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e estar matriculadas nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
O prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 31.07.2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a Resolución do 06.02.2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2020:
- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, que se tramitará co código de procedemento VI422E. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 26.03.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
- Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago, que se tramitará co código de procedemento VI408H. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 30.10.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
- Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 10.11.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. En concreto, convócanse para lingua galega e castelá, inglés e matemáticas.
O obxectivo desta convocatoria é facilitar aos traballadores e ás traballadoras que non teñan os requisitos académicos da ESO ou bacharelato, o acceso á formación para o emprego e poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e, polo tanto, incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo.
Os/as interesados/as en participar poderán presentar a súa solicitude, segundo o modelo do anexo I da dita convocatoria, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións, ata o 20 de marzo de 2020.
As probas realizaranse o 16 de maio do 2020, en turno de mañá para el nivel 2 e pola tarde para el nivel 3.
O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2020.
En marzo empezamos co Entroido na Festa o día sábado 22 de febreiro. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, coa mesa redonda "E tí quén ves sendo? "dirixida as alumn@s da ESO e actividades en prol da Igualdade para os alumn@s de infantil e primaria".
Noticias
AXUDAS PARA FACILIAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIR B E C Á MOCIDADE GALEGA
O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 46, do 9 de marzo de 2020, a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e empregabilidade.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtenicón do permiso de conducir de clase B e 650 € para o permiso de clase C.
Poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos, que estean empadroadas, cunha antigüidade mínima dun ano, na Comunidade Autónoma de Galicia, estar inscritar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e estar matriculadas nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
O prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 31.07.2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
Máis información chamando ao concello ou accedendo á convocatoria no seguinte enlace: convocatoria de axudas para facilitar a obtencion permisos conducion B e C.
SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN
O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia vén de publicar no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a Resolución do 06.02.2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2020:
- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, que se tramitará co código de procedemento VI422E. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 26.03.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
- Programa de fomento da mellora da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago, que se tramitará co código de procedemento VI408H. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 30.10.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
- Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 10.11.2020 ou ata o esgotamento de crédito.
Máis información en "Ler máis".
CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 38 do 26.02.2020 a convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. En concreto, convócanse para lingua galega e castelá, inglés e matemáticas.
O obxectivo desta convocatoria é facilitar aos traballadores e ás traballadoras que non teñan os requisitos académicos da ESO ou bacharelato, o acceso á formación para o emprego e poder cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 e, polo tanto, incrementar as posibilidades de obter un posto de traballo.
Os/as interesados/as en participar poderán presentar a súa solicitude, segundo o modelo do anexo I da dita convocatoria, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións, ata o 20 de marzo de 2020.
As probas realizaranse o 16 de maio do 2020, en turno de mañá para el nivel 2 e pola tarde para el nivel 3.
Máis información chamando ao concello ao 981687001 ou accedendo á convocatoria neste enlace "Probas de competencias clave".
NOVAS PRIMAVERA 2020
O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2020.
En marzo empezamos co Entroido na Festa o día sábado 22 de febreiro. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, coa mesa redonda "E tí quén ves sendo? " dirixida as alumn@s da ESO e actividades en prol da Igualdade para os alumn@s de infantil e primaria".
O 2 de marzo, charla-taller Vespa Velutina.
"Vive o Entroido connosco". Entroido Mesía 2020.
O concello de Mesia celebrará a festa de Entroido o sábado 22 de febreiro no pavillón de Visantoña a partir das 16:00h.
Haberá inflables para todas as idades, toro mecánico, futbolín humano, ludoteca para os peques , talleres…
O tradicional desfile de disfraces con agasallos para os/as participantes.
Merendaremos chocolate e bizcoito. Esperamos a vosa participación
Páxinas