Noticias

Xov, 26/07/2018
FESTA AUGA MESIA 2018

Xogos de auga, inchables acuáticos e festa da escuma serán algunhas das actividades propostas para os-as rapaces-as este domingo 29 de xullo. Así que temos unha cita a partir das 16:00 nas Piscinas Municipais de A Mata en Xanceda, non faltedes!!

Estade pendentes das redes socias, dado que no caso de que o tempo non acompañase cancelaríase.

Mar, 24/07/2018
CARREIRA CONCELLO DE MESÍA 2018

Aviso de cortes nas estradas o sábado con motivo das Carreiras populares.

Animamos a vir correr ou a animar nas beirarrúas!!

AGRADECEMOS A IMPLICACIÓN AOS COLABORADORES DA CARREIRA:

CARPINTERÍA RAMÓN GARCÍA

COCA COLA

CORRER EN GALICIA

PANADERÍA VISANTOÑA

CLUB ATLETISMO ORDES

CERÁMICA VEREA

PANADERÍS BOGA

ARGAL

PANADERÍA GENDE

CASA ZAPATEIRO

PANADERÍA PÉREZ

EUROFRUT

PANADERÍA A TILLEIRA

RESTAURANTE MANTEIGA

PANADERÍA ABELLÁ

CERÁMICA CAMPO

Ven, 20/07/2018
GALEUROPA 2018

Dende o venres 20 de xullo, ata o venres 3 de agosto, ábrese o prazo para inscribirse no programa Galeuropa 2018.

A convocatoria da Mancomunidade de Ordes conta con vinte prazas dispoñibles. Prevé prácticas en empresas do Reino Unido, Italia e Holanda. Poden participar mozos e mozas maiores de idade que formen parte do sistema de Garantía Xuvenil. Aínda que as prácticas non están remuneradas, o programa cubre o 100% dos custos.

Xov, 19/07/2018
CADRO IP CONCELLO DE MESIA 2018

Presentamos o Cadro de competición do Torneo interparroquial de fútbol Concello de Mesia 2018.

Participan 11 equipos durante o sábado 21 e domingo 22 en catro categorías:

FÚTBOL 5 - Categoría MINI:  5 - 8 anos. Partidos de 10 minutos cada parte.

FÚTBOL 8 - Categoría BASE: 9 – 12 anos. Partidos de 15 minutos cada parte.

FÚTBOL 11 OU 8 - Categoría MAXI: 13 – 16 anos. Partido de 30 minutos cada parte.

FÚTBOL 11 - Categ. ADULTOS: Máis de 16 anos. Partidos de 15 minutos cada parte.

Dom, 08/07/2018
INFO TORNEO INTERPARROQUIAL CONCELLO MESÍA 2018

Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2018 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os 21 e 22 de xullo.

INSCRICIÓN AMPLIADA ATA O 17 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia).

Enviando o cadro de inscrición a elenarocamoro@concellodemesia.gal

Sorteo do cadro de competición o 18 de xullo no Concello.

Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook. DEPORTE CONCELLO MESÍA o 19 de xullo.

 

Páxinas