Noticias

Mér, 15/11/2017
CURSO EXAMEN ESO ADULTOS MESIA 2017

O Concello de Mesía organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse no mes de xaneiro de 2018.  As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello ata o 8 de xaneiro de 2018.

 

Xov, 02/11/2017
saida 21 outubro Mesia 2017

O 21 de outubro, 150 persoas participaron da excursión organizada por Servizos sociais do Concello de Mesía.

Percorreron Vilanova de Cerveira e visita ó feirón típico desta vila. Despois de xantar fixeron Parada en Combarro (Pontevedra), onde navegaron nun percorrido en catamarán desfrutando da vista da ría de Pontevedra, Marín e a Illa de Tambo.

Mér, 11/10/2017
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR MESIA 2017- 2018

O Concello de Mesía publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 184, o día 27.09.2017, a convocatoria de axudas para o transporte escolar durante o curso 2017-2018 para estudantes que residan no concello e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional con título homologado fóra dos límites do concello e para os que teñan que desprazarse diariamente. Exclúense os estudos superiores (universitarios, doutorados, …).

Máis información dos requisitos no documento que adxuntamos.

 

Ven, 06/10/2017
REFORMA 17

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), adscrito á Consellería de Economía, Traballo e Industria da Xunta de Galicia, a través do Programa Reforma 17 concederá axudas a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

As axudas solicitaranse directamente no establecemento adherido ao dito programa.
O prazo para solicitar as axudas comezará o 11 de outubro do actual.

Mér, 04/10/2017
PORTAS ABERTAS VEREA MESÍA

Informámolos de que Cerámica Verea, que está de 50 aniversario, celebrará o sábado 21 de outubro do actual unha xornada de portas abertas.

As visitas están dirixidas a todo o público que queira coñecer o proceso moderno de elaboración de tella cerámica. Horarios de mañá e de tarde. Prazas limitadas.

Para confirmar asistencia poden chamar a Cerámica Verea, ao 981 687 053, indicando en que horario prefiren asistir.

Máis información no cartel adxunto.

Páxinas