Noticias

Ven, 08/08/2014

Os dous niveis dos cursos de natación do Concello de Mesía cubriron as catorce prazas dispoñibles en cada un deles. As clases teñen lugar todos os días de luns a xoves desde finais de xullo ata finais de agosto.

Ven, 08/08/2014

Máis de oitenta persoas participan cada semana nas saídas á praia de Boiro que organiza o Concello de Mesía no programa 'Imos á praia'. Cada xoves dos meses de xullo e agosto, desprázanse en autobuses para pasar un día relaxado a carón do mar, gozando da auga e do sol. Aínda quedan tres saídas máis: os días 14, 21 e 28 de agosto.

Ven, 08/08/2014

As malas condicións meteorolóxicas motivaron hoxe a anulación da saída municipal ao lago artificial das Pontes e a súa substitución pola asistencia a unha proxección cinematográfica na Coruña. Con esta decisión áxil do Concello, as 35 persoas que tiñan prevista unha xornada de lecer, entre nenos e adultos, puideron manter os seus plans, aínda que fose cun destino diferente.

Mér, 06/08/2014

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes trouxo hoxe ata Mesía a súa actividade 'Contiños para compartir', co propósito de promover o respecto pola igualdade de xénero entre a infancia. Na sesión participaron os 24 nenos e nenas que acoden durante esta semana ao programa de conciliación 'Respira Mesía'.

Lun, 04/08/2014

O Concello de Mesía publica o cadro de competición e a normativa do VIII Torneo de Tenis que leva o seu nome. Os partidos comezan a disputarse esta mesma semana, a partir de mañá martes, e a final está prevista para o sábado 30 de agosto a partir das 11:00 horas.
Consulte o cadro de competición e a normativa.
O torneo está patrocinado por Coca-Cola, que ofrece bebidas para os competidores durante este evento deportivo.

Lun, 28/07/2014

Preto de medio cento de nenos e nenas participaron durante este mes de xullo nos campamentos de verán 'XoeCon' (xogar e conciliar) do Concello de Mesía. Estiveron distribuídos en dous grupos de idade: un de catro a oito anos e outro de nove a trece anos. Os campamentos ofreceron numerosas actividades de creatividade artística, novas tecnoloxías, deporte ou lecer.

Mar, 22/07/2014

O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola, celebrarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A competición dividirase en categorías de fútbol-8, fútbol-5 e fútbol-11. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto, no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 21/07/2014

O Concello de Mesía organiza unha saída ao lago artifical das Pontes para o venres 8 de agosto. Poderán participar persoas de todas as idades. Na viaxe, coñecerán distintos lugares de interese do municipio pontés, xantarán nunha área recreativa e pasarán a tarde no lago, apto para o baño. O prezo desta actividade é de 5 euros. As inscricións teñen que formalizarse antes do 5 de agosto. Toda a información en 'ler máis'.

Xov, 17/07/2014

Xa está aberto o prazo para inscribirse, de xeito gratuíto, na IV Carreira do Concello de Mesía, que se disputará o sábado 13 de setembro. Quen queiran participar terán que anotarse antes do 12 de setembro a mediodía no correo mjgrobas@hotmail.com. A carreira contará cunha proba xeral de 12 quilómetros de lonxitude e dunha minicarreira de seis quilómetros, ademais de probas específicas para categorías inferiores, con percorridos desde os 200 ata os 3.000 metros. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 14/07/2014

Xa está convocado o VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 1 de agosto, mediante un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es. Con categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non), a competición disputarase durante todo o mes nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata (Xanceda). Máis información en 'ler máis'.

Páxinas