Noticias

Mar, 26/02/2019
ENTROIDO MESIA 2019

O vindeiro sábado 2 de marzo celebraremos o Entroido cunha gran festa chea de disfraces, inflables, talleres e moito máis.

Os/As rapaces/zas que participen no Desfile de disfraces recibirán un agasallo.

Disfruta dunha tarde chea de diversión e merenda connosco. Haberá chocolate e rosca para todos/as.

Agardámosvos ás 16:00 no Pavillón de Visantoña!!

Mar, 19/02/2019
PRIMAVERA 2019 CONCELLO DE MESÍA

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2019.

En marzo empezamos co Entorido na Festa o día 2. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, ca actividade de Ioga do riso, ca presentación do documental "Tecido resistente" e co teatro para adultos "Eu queriame casare". Comezaremos tamén cas saídas ao Balneario de Brión.

Mér, 09/01/2019
NADAL 2018 CONCELLO DE MESIA PATÍN XEO

Gran resposta nas actividades, eventos e saídas de Nadal 2018 organizado polo Concello de Mesía.

Comezamos nas escolas co Apalpador, con Festas de actividades municipais coma Ximnasia maiores, aerobic, pequebaile e patinaxe.

Fixemos obradoiros de adornos e cociña navideños.

As saídas lúdicas foron de máis de 100 persoas cada unha: Patinar sobre xeo no Burgo e ao Cine, e a Xuvenlugo.

Os eventos deportivos solidarios tamén foron un éxito (ver nova aparte).

Por último comezamos este ano con ilusión na Festa de Reis.

Mér, 02/01/2019
CAMPAÑA DE INVERNO 2019

Campaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes no concello de Mesía. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

Mér, 02/01/2019
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

A undécima edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala 'Mesía contra o cancro' recadou o  29 de decembro 3.069 euros a beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Son achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. As responsables da AECC en Ordes, recibiron os cartos de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias e do Concelleiro de deportes.

Ven, 21/12/2018
Foto Bo Nadal

Dende o Concello de Mesía desexámosvos unhas Boas Festas.
Aquí vos deixamos un vídeo de Nadal, escoitádeo, compartídeo é sobre todo... desfrutádeo!!!
BO Nadal!

Ver o Vídeo

Lun, 10/12/2018
TORNEO INFANTIL SOLIDARIO 2018

O venres 28 de decembro, durante a tarde, xogarase no Pavillón de Olas a IV edición do Torneo Infantil de fútbol sala "Mesía solidaria".

Este Torneo solidario de fútbol sala organizao novamente o Concello de Mesía para recadar ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS (para Cáritas da Comarca) e cartos a favor da ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, AMARAI, de Boimorto.

PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA:  1 Kg de comida por participante e persoa do público (lembrade que deben ser produtos non perecedoiros) e 1 € para doar a AMARAI.

Mér, 05/12/2018
XI TORNEO DE FÚTBOL SALA "MESÍA CONTRA O CÁNCRO"

Presentámosvos dende o Concello de Mesía,  a UNDÉCIMA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONTRA O CÁNCRO que comezamos xa no 2008 ano transmitido a nosa solidariedade a favor da Asociación Española contra el Cáncer (AECC).

A recadación que se acadou gracias á colaboración e patrocino de empresas do Concello,tamén gracias as inscrición dos equipos, a venta de rifas, a doazóns de particulares, etc; en total a recadación NA PASADA EDICIÓN FOI DE 3.178 €.

O XI Torneo Mesía contra o cáncro xogarase o sábado 29 de decembro 2018 no pavillón de Olas.

Mar, 04/12/2018
PRÁCTICAS EN EMPRESAS

A Deputación Provincial da Coruña no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local está a programar o ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN ESPECÍFICA.

Mar, 27/11/2018
RESUMO BOLETÍN NADAL MESIA 2018 19

Presentamos as actividades, eventos e saídas para este Nadal e inverno no Concello de Mesía.

Adxuntamos entrando en LER MÁIS o Boletín completo e carteles de eventos variados.

 

Páxinas