Noticias

Mér, 20/07/2016
MESIA KAYAK BECHE

85 rapaces e rapazas e nenos e nenas de Xuventude de Mesía e do Campamento XOECON acudiron o 6 de xullo ao Encoro de Beche en Abegondo.

Desfrutaron dunha mañán chea de multiaventura subindo a Kayaks, a tabla de Paddle surf, saltando no inflable e facendo Tiro con arco e sendeirismo.

Poden ver máis imaxes e video da saída no Facebook Deporte Concello Mesia

Dom, 17/07/2016
TORNEO INTERPARROQUIAL FUTBOL BASE 2016

A edición 2016 do TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA xogouse en dúas xornadas por mor da gran participación: o sábado 16 de xullo cas categorías de base e o domingo 17 ca de senior. Cun total de 11 equipos e 150 xogador@s, foi unha das edicións máis numerosas. O Concello repartiu medallas para todos os participantes de fútbol 5 e 8, así coma Copas aos campións e subcampións de cada categoría.

Mér, 13/07/2016
TORNEO INTERPARROQUIAL FUTBOL

Chega a competición veraniega de fútbol co TORNEO INTERPARROQUIAL CONCELLO DE MESÍA 2016 no Campo municipal As Brañas en Visantoña.

Os horarios dos partidos no Cadro de competición vense entrando na Noticia.

Lun, 04/07/2016

O Concello de Sobrado en calidade de promotor xunto cos concellos de Mesía, Curtis, Boimorto, Vilasantar e Toques vai desenvolver un novo obradoiro de emprego (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos) financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As especialidades que se van impartir son:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Dom, 03/07/2016

A Mancomunidade de Ordes en colaboración cos concellos da Comarca de Ordes vai levar a cabo o programa “Deseñando o teu futuro”, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, cuxo proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos.

Lun, 06/06/2016

O proxecto baséase en entrevistas realizadas por xornalistas de distintos medios de comunicación a máis de media ducia de literatas da comarca

Lun, 06/06/2016
Actividades Verán 2016

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, que engloba escolas de verán e campus infantís con actividades deportivas e obradoiros, actividades para adultos, eventos lúdicos e deportivos, saídas e cursos.

Máis información en 'ler máis' ou obtendo o boletín de actividades

Pode descargar a ficha de inscrición facendo click aquí

Mar, 31/05/2016
CARTEL FIN CURSO 15 16

O venres 3 de xuño 2016 celébrase no Pavillón do CPI de Xanceda a Festa de fin de curso das actividades e escolas municipais do presente curso.

As 16:30 é a Festa infantil e ás 21:30 a de adultos e maiores.

Mér, 25/05/2016
PRAIA BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas nos meses de xullo e agosto 2016.

Para isto, elixiremos praias onde sexa posible desfrutar de augas tranquilas, sol e tamén de amplas zonas de sombra e descanso.

ATENCIÓN: Faráse un único percorrido con un bus, estando o número de prazas limitado a 55 persoas.

MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO EN: Ler máis

Mar, 24/05/2016
TICKET ELECTRICO SOCIAL

Aberto o prazo para solicitar unha axuda de 180 ou 300 € (no caso de familias numerosas) para o pago das facturas da luz do dende o 1 de Xullo de 2015 ata o 30 de Xuño de 2016. Poden solicitar a axuda as familias con fillos menores ó seu cargo con ingresos que non superen en total os 798,79 € mensuales.

Páxinas