Noticias

Mar, 18/08/2015
Respira Mesía

O programa de conciliación laboral e familiar 'Respira Mesía', programado polo Concello durante a primeira quincena de agosto, tivo vinte nenos e nenas participantes. Consistiu nun campamento de temática ambiental con actividades de reciclaxe, reutilización e xogos na natureza. Galería de fotos en 'ler máis'.

Mér, 05/08/2015

O Concello de Mesía publica as normas e o cadro de competición do seu IX Torneo de Tenis. Este ano recupera as tres categorías (masculina, feminina e dobles), sumando un total de 23 xogadores: 11 na masculina, 4 na feminina e 8 en dobles. As distintas fases de xogo iranse disputando durante as vindeiras semanas no horario que máis se axeite ás posibilidades dos participantes. As finais está programadas para o sábado 29 de agosto, ás 9:30 horas a masculina, ás 10:30 horas a feminina e ás 12 horas a de dobles. Os gañadores recibirán un trofeo. Coca-Cola patrocina o Torneo, poñendo á disposición dos competidores bebidas en todos os partidos. Pode acceder ao documento das normas e do cadro de competición.

Dom, 02/08/2015
Carreira

Ricardo Álvarez e Eva Isabel Babiano foron os gañadores da Carreira do Concello de Mesía celebrada hoxe, con 12 quilómetros de distancia e un deseño técnico moi esixente. O podio masculino completouse con José Suárez e Constante Lorenzo, e o feminino con Susana Rial e Sonia Botana. Na MiniCarreira, de seis quilómetros, o gañador foi Amador Pena e a primeira clasificada Belén Bascoy. A clasificación pode obterse completa facendo clic aquí, incluíndo as categorías por idades. E tamén se pode acceder á galería de fotos por cortesía de Lucía Doval. O Concello de Mesía agradece a participación dos corredores e corredoras e tamén as colaboracións e patrocinios que fixeron posible esta nova edición da Carreira.

Ven, 31/07/2015
Campamento Xoecon

O campamento 'Xogar e Conciliar' (XOECON) do Concello de Mesía, que se desenvolveu durante as tres primeiras semanas de xullo, cubriu as 60 prazas dispoñibles. Participaron nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os 12 que quedaron en lista de espera participarán no campamento Respira Mesía do mes de agosto. Máis fotos en 'ler máis'.

Dom, 19/07/2015
Fútbol 8

O Torneo Interparroquial de Fútbol Concello de Mesía 2015, disputado hoxe no campo municipal de céspede artificial en Visantoña, acadou un grande éxito de participación, con 130 xogadores en 11 equipos. Na categoría F5, de 5 a 10 anos de idade, gañou o Albixán. Na F8, de 11 a 15 anos, o vencedor foi o equipo de Cumbraos. E na F11, para maiores de 16 anos, o primeiro posto conseguiuno o equipo de Visantoña. O Torneo está patrocinado por Coca-Cola.

Xov, 18/06/2015

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para o verán, que recolle inscricións desde hoxe 18 de xuño ata o 30 de xuño con carácter xeral, agás nas propostas nas que se estableza un prazo distinto. O programa recolle as escolas de verán e os campus infantís, as actividades para adultos, saídas e cursos xuvenís, eventos lúdicos e deportivos, saídas para toda a poboación e iniciativas de formación. Máis información en 'ler máis' ou obtendo o boletín.

Sáb, 06/06/2015

As escolas deportivas municipais e as actividades culturais do Concello de Mesía clausuraron o curso 2014-2015 cunha festa que acolleu onte o polideportivo municipal en Xanceda. Pola tarde, os máis pequenos ofreceron exhibicións das distintas modalidades nas que participaron desde setembro e a continuación recibiron os diplomas. Á noite, tomaron o relevo os adultos, con exhibicións do aprendido e a proxección dun vídeo especial sobre as actividades. En total, pasaron pola clausura máis de medio milleiro de persoas. Galería de imaxes en 'ler máis'.

Ven, 05/06/2015

O Concello de Mesía informa sobre o próximo desenvolvemento dun obradoiro de emprego de atención á dependencia no fogar e nas institucións. É un proxecto que conta xa con acordo favorable da Xunta e que foi promovido polo Concello de Abegondo en colaboración cos Concellos de Bergondo, Carral e Mesía. En breve iniciarase o proceso de selección de alumnos-traballadores. As persoas interesadas deben comunicar a súa vontade de participar na oficina do INEM de Ordes.

Dom, 24/05/2015

Resultados das eleccións municipais deste 24 de maio de 2015 no Concello de Mesía.

Censo electoral: 2.499
Total votantes (participación): 1.956 (79,06 %)
Abstención: 518 (20,94 %)
Votos nulos: 8 (0,41 %)
Votos en branco: 17 (0,87 %)

  PSdeG-PSOE PP CXG-CCTT BNG
2015 1.375 (70,59 %)
9 concelleiros
328 (16,84 %)
2 concelleiros
150 (7,7 %)
0 concelleiros
78 (4 %)
0 concelleiros
2011 1.481 (66,98 %)
8 concelleiros
355 (16,06 %)
2 concelleiros
-
-
345 (15,65 %)
1 concelleiro
Ven, 22/05/2015

O Concello de Mesía informa de que, desde mañá sábado 23 de maio e ata novo aviso, quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais. É unha decisión tomada pola Consellería do Medio Rural por mor da actual situación meteorolóxica. Implica que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

Páxinas