Noticias

Mar, 15/12/2015

O pleno do Concello de Mesía aprobou hoxe por unanimidade as actuacións que se incluirán no Plan de Obras e Servizos (POS) financiado pola Deputación para 2016 e no Plan de Acción Social (PAS) 2015, tamén impulsado pola entidade provincial. En total, empregarase para investimentos un importe de 433.900,88 euros e para financiamento de gastos correntes un importe de 95.733,94 euros. 

Mér, 09/12/2015
Poster dos torneos solidarios de Nadal

O Concello de Mesía convoca unha doble cita deportivo-solidaria para as vindeiras festas de Nadal, organizando o I Torneo Infantil de Fútbol Sala 'Mesía Solidaria' e o xa tradicional 'Mesía contra o cancro', que este ano chega á súa oitava edición.

Mar, 01/12/2015
Novas de Nadal

O Concello de Mesía presenta a súa programación para o Nadal 2015-2016.

Hai múltiples propostas pensadas para todos os sectores de idade, especialmente os máis novos.

As actividades pódense consultar no folleto de "Novas de Mesía " que estes días está chegando xa a todos os domicilios do municipio.

Mér, 11/11/2015

O Concello de Mesía anima a participar no concurso 'Comparte, fai que a vexan', convocado polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o vindeiro 25 de novembro. O certame desenvólvese a través das redes sociais e ten dúas categorías: unha en facebook para calquera persoa maior de 14 anos e outra en twitter para estudantes de ESO ou de Bacharelato dos centros educativos da comarca de Ordes. 

Xov, 22/10/2015

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe o Concello de Mesía. Nunha reunión co alcalde, Mariano Iglesias, anunciou que o vindeiro pleno da Deputación aprobará unha achega de 46.554 euros para contribuír ao mantemento das actividades da Aula da Natureza e no Museo Etnográfico das Brañas da Valga. Tamén se deu conta das cantidades que lle corresponden ao Concello de Mesía no Plan de Obras e Servizos (POS) e no Plan de Acción Social (PAS), cun importe total que alcanza os 529.634 euros.

Mar, 20/10/2015

O Concello de Mesía informa de que o Ministerio de Agricultura acaba de publicar a relación provisional de explotacións gandeiras beneficiarias da axuda complementaria para a liquidez financeira por mor dos baixos prezos do leite. Os gandeiros deben consultar o listado -as identificacións figuran mediante o DNI ou NIF- e se figuran nel dispoñen de dez días hábiles, que contan desde hoxe, para completar a solicitude e acceder así á axuda. Máis información en 'ler máis'.

Sáb, 10/10/2015
Curso manipulación alimentos

Hoxe, sábado 10 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, entre as 10:30 horas e as 13:30 horas, e contou coa participación dun total de 21 persoas.

Ven, 02/10/2015

O Concello de Mesía informa da convocatoria de axudas para a liquidez de explotacións agrarias de vacún de leite, con achegas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora das instalacións e a incorporación de mocidade á actividade agraria. A interrupción das amortizacións e dos xuros é de dous anos. A convocatoria foi publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Ven, 02/10/2015

O Concello de Mesía informa da decisión da Xunta de permitir a tramitación de de persmisos para efectuar queimas agrícolas e forestais. A decisión tómase de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios polo cambio nas condicións meteorolóxicas. Ata hoxe estiveron prohibidas estas queimas porque se mantiñan as condicións propias da campaña de perigo alto de incendios forestais.

Xov, 01/10/2015

O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2015-2016. A convocatoria foi publicada xa no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes poden presentarse desde ata o 31 de outubro. As subvencións contan cun orzamento total dispoñible de 5.400 euros. Cada unha delas poderá acadar un tope de 250 euros. Están dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias ou doutorados.

Páxinas