O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para o verán, que recolle inscricións desde hoxe 18 de xuño ata o 30 de xuño con carácter xeral, agás nas propostas nas que se estableza un prazo distinto. O programa recolle as escolas de verán e os campus infantís, as actividades para adultos, saídas e cursos xuvenís, eventos lúdicos e deportivos, saídas para toda a poboación e iniciativas de formación. Máis información en 'ler máis' ou obtendo o boletín.
Noticias
Sáb, 06/06/2015 |
As escolas deportivas municipais e as actividades culturais do Concello de Mesía clausuraron o curso 2014-2015 cunha festa que acolleu onte o polideportivo municipal en Xanceda. Pola tarde, os máis pequenos ofreceron exhibicións das distintas modalidades nas que participaron desde setembro e a continuación recibiron os diplomas. Á noite, tomaron o relevo os adultos, con exhibicións do aprendido e a proxección dun vídeo especial sobre as actividades. En total, pasaron pola clausura máis de medio milleiro de persoas. Galería de imaxes en 'ler máis'. |
|
Ven, 05/06/2015 |
O Concello de Mesía informa sobre o próximo desenvolvemento dun obradoiro de emprego de atención á dependencia no fogar e nas institucións. É un proxecto que conta xa con acordo favorable da Xunta e que foi promovido polo Concello de Abegondo en colaboración cos Concellos de Bergondo, Carral e Mesía. En breve iniciarase o proceso de selección de alumnos-traballadores. As persoas interesadas deben comunicar a súa vontade de participar na oficina do INEM de Ordes. |
|
Dom, 24/05/2015 |
|||||||||||||||
Resultados das eleccións municipais deste 24 de maio de 2015 no Concello de Mesía. Censo electoral: 2.499
|
|||||||||||||||
|
Ven, 22/05/2015 |
O Concello de Mesía informa de que, desde mañá sábado 23 de maio e ata novo aviso, quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais. É unha decisión tomada pola Consellería do Medio Rural por mor da actual situación meteorolóxica. Implica que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez. |
|
Lun, 11/05/2015 |
O Concello de Mesía informa de que xa se poden solicitar as prazas para participar nos campamentos deportivos do verán 2015 que promove a Deputación da Coruña. O prazo para presentar as peticións no rexistro xeral do Concello remata o 29 de maio. A quenda de participació de Mesía vai d 28 de xuño ao 4 de xullo. Hai tres prazas para o municipio, que se sortearán publicamente se o número de solicitudes é maior. Toda a información clicando aquí |
|
Sáb, 09/05/2015 |
O polideportivo municipal situado en Olas acolleu hoxe a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe da comarca Ulla-Tambre. Participaron preto de 150 patinadores e patinadoras, ante máis de 200 espectadores. Acudiron as escolas municipais de patinaxe de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis' |
|
Mér, 06/05/2015 |
Este sábado 9 de maio celébrase no polideportivo municipal en Olas a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe Artística dos Concellos da Comarca Ulla-Tambre. Comezará a partir das 17 horas e participarán 140 deportistas de entre catro e quince anos dos concellos de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. |
|
Sáb, 02/05/2015 |
Máis de 500 persoas participaron hoxe na Festa da Terceira Idade 2015 do Concello de Mesía. O encontro celebrouse, como é costume, no polideportivo municipal en Xanceda. Para asistir, as persoas interesadas contaron co habitual servizo de transporte en autobús. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'. |
|
Mér, 29/04/2015 |
A pasada noite tivo lugar a saída 'Imos ao teatro', organizada polo Concello de Mesía. As persoas que participaron nesta actividade tiveron ocasión de ver 'El nombre' no Teatro Colón da Coruña. A obra está interpretada por Amparo Larrañaga e Antonio Molero, entre outros. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »