Presentamos o cartel que elaboramos cas vosas MIRADAS DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Manifestámonos así, neste 25N ben alto, mirando de fronte!
Grazas por participar!
Mér, 25/11/2020 |
Presentamos o cartel que elaboramos cas vosas MIRADAS DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO. Manifestámonos así, neste 25N ben alto, mirando de fronte! Grazas por participar! |
|
Dom, 22/11/2020 |
Lembrade que estamos facendo actividades físicas en liña mentras están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 4ª semana para facer dende a casa!! Pinchando aquí tedes toda a información. Podedes inscribirvos gratuitamente avisando no teléfono no 699 453 750. Mandamos ligazón cando avisedes que estades interesad@s. Deixámosvos algunha imaxe das actividades da terceira semana: |
|
Mar, 17/11/2020 |
O Concello de Mesía proponvos este evento en liña xa que non podemos facelo presencial. É o segundo que facemos, tras o éxito do de Samaín. Animámosvos a participar nesta Xuntanza familiar en liña con motivo do 25N: Laura e Elena conectaránse para dinamizar esta xuntanza da rapazada máis os seus pais/nais/titores: con contos, xogos, e cancións ca temática contra a violencia de xénero. Pincha en LER MÁIS para ampliar información e coller a AUTORIZACIÓN. |
|
Lun, 16/11/2020 |
Achegámosvos a programación do Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero. Pincha en LER MÁIS para ver Programación completa. |
|
Lun, 16/11/2020 |
O Concello de Mesía publica as bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado e do persoal directivo, docente e administrativo do Obradoiro de emprego Brañas de Illó-Río Samo III. |
|
Sáb, 14/11/2020 |
Esta semana vimos de comezar as actividades cos maiores. Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 3ª semana para facer desde a casa!! Pinchando aquí tedes toda a información. ACTIVIDADES GRATUITAS |
|
Ven, 13/11/2020 |
14 de novembro día mundial da diabetes, achegámosvos a pancarta e video que nos fixo chegar un nai, veciña do concello, que coñece de primeira man o que é esta enfermidade a través do seu fillo. Dárlle visibilidade a enfermidade e ánimo a quen a padece é a nosa intención. Pincha para ver o video aquí. |
|
Mér, 11/11/2020 |
Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero. Meterémolas ata o 23 de Novembro nese espazo. Enviar as fotografías a: casadacultura@concellodemesia.gal (nós poñerémoslle o voso nome enriba). |
|
Mar, 10/11/2020 |
O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. |
|
Sáb, 07/11/2020 |
Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!! Pinchando aquí tedes toda a información. ¿Cómo insribirvos? Avisando por teléfono no 699 453 750. Faremos listaxes por actividades e mandaremos o enlace para cada grupo. ACTIVIDADE GRATUITA |
|