Noticias

Ven, 06/11/2020
PINTEMOS UN NOVO ANO! CONCELLO DE MESIA 2021

Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos???

Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo.

Ven, 06/11/2020
 EN MESÍA MIRAMOS DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da conmemoración do próximo 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero" a Deputación pon en marcha unha campaña online e colaborativa baixo o lema "De fronte á violencia de xénero".

O Concello de Mesía súmase a esta campaña mirando de fronte á violencia de xénero neste mes de novembro: iremos avisando das actividades da campaña para que participedes en liña, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.  #defronte

Ven, 06/11/2020

O Concello de Mesía informa de que onte, 05.11.2020, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das axudas do concello adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

Polo tanto, comunícase que abre o prazo de solicitudes das ditas subvencións dende hoxe, 06.11.2020 ata as 14.00 horas do día 25.11.2020. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica do Concello de Mesía.

Máis información en "Ler máis", no Enlace http://www.concellodemesia.gal/servizos/noticias/bases-e-convocatoria-axudas-do-concello-de-mesia-para-reactivacion-economica-e ou chamando ao concello ao 981687001.

 

Lun, 02/11/2020
PEL REACTIVA

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 02/11/2020,  por Decreto de Alcaldía núm. 352/2020 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía adherido ao Fondo de Financiamento da Deputación Provincial da Coruña para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL REACTIVA) coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír á paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e autónomos/as.

A contía destinadas a atender as solicitudes das ditas axudas é de 36.682,54 €, sendo a achega da Deputación Provincial da Coruña de 29.346,03 € (80%) e a achega municipal de 7.336,51 € (20%).

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará ás 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020 segundo a Resolución núm. 2020/32931 da Presidencia da Deputación de constitución definitiva do Fondo de Financiamento publicado no BOP núm. 181, do 28/10/2020.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do concello: https://sede.concellodemesia.gal utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981 687 001.

Lun, 02/11/2020
ACTIVIDADES EN LIÑA CONCELLO DE MESIA 2020

...Mentres están suspendidas as nosas actividades físicas presenciais: abrimos horarios para facer desde a casa!!

¿Cómo insribirvos?  Avisando por teléfono no 699 453 750

¿Cómo "ir a clase"? Enviaremos  ligazóns  semanalmente para ver no ordenador, tableta ou móvil. (Recomendable ordenador para ver mellor)

+ Info clicando en Ler máis...yes

Ven, 30/10/2020
FESTA DE SAMAIN EN LIÑA CONCELLO DE MESIA 2020

Onte fixemos a terrorífica Festa do Samaín en liña, ao non poder xuntarnos en persoa nesta tempada. Conectáronse varios nenos/as con adultos para xogar cas probas, disfrazarse, bailar, adiviñar e, en fin, pasar unha tarde divertida en grupo.

As bruxas do Samaín repartiron agasallos, para recoller por participar.

Adxuntamos algunhas fotos do evento, e animámosvos para participar nas próximas festas.

Xov, 29/10/2020
Parque eólico Balindos

Consultas na evaluacion do impacto ambiental do proxecto Eólico PE Balindos cunha potencia de 54MW ubicado no T.M de Po (Lugo) e a súa infraestrutura de evacución.

Lun, 26/10/2020
FESTA DE SAMAIN EN LIÑA CONCELLO DE MESIA 2020

O Concello de Mesia anímavos a participar nesta Festa familiar de Samaín en liña: Laura e Elena conectaránse para dinamizar esta xuntanza da rapazada máis os seus pais/nais/titores: con xogos, probas caseiras, e cancións ca temática de Samaín.

Solo precisades estar acompañados dun adulto e enviarnos cuberta A AUTORIZACIÓN, QUE ADXUNTAMOS NESTA NOVA, o teléfono:  699453750 e así recibiredes o enlace para entrar a xogar ese día.

Ven, 23/10/2020
mapa a 23/10

Adxuntamos o enlace para acceder sempre que queras a información da COVID-19 que vai publicando a XUNTA:
https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/es-ES  ou CLICA DIRECTAMENTE AQUÍ

Xov, 22/10/2020
BANDO NOVAS RESTRICCIÓNS 22 OCT 2020

Galicia entrou hoxe, xoves 22 de outubro, no nivel 2 de restricións atendendo á evolución da COVID-19.
A Xunta de Galicia decretou novas medidas que estarán vixentes desde hoxe e durante 14 dias.
A resolución do Diario Oficial de Galicia indica, entre outras, as seguintes restriccións:  Clica en ler máis

Páxinas