Noticias

Ven, 23/01/2015

O curso de monitoraxe de tempo libre que comezará en febreiro aínda ten prazas dispoñibles. As persoas interesadas en participar aínda se poden anotar na Casa da Cultura. As clases terán lugar durante as fins de semana de dous meses. O curso está composto por 200 horas teóricas e 150 horas prácticas.

Mér, 21/01/2015

O Concello de Mesía está distribuíndo en todos os domicilios do municipio o boletín informativo coa programación de actividades do entroido e da recta final do inverno. Ademais do cachibol de entroido o venres 13 e da festa de disfraces do sábado 14, a publicación anticipa a nova tanda de saídas ao Balneario de Guitiriz, un curso de cociña, un obradoiro de remedios naturais e unha saída ao teatro, xunto co detalle das obras previstas polo Concello para 2015 e outros avisos de interese.

Ven, 16/01/2015

O Concello de Mesía divulga a convocatoria de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. O prazo de presentación de solicitudes ante a Consellería de Medio Rural é dun mes contado desde hoxe. Máis información en 'ler máis'.

Xov, 15/01/2015

O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de axudas para indemnizar o sacrificio obrigatorio de animais. A convocatoria da Xunta xa se publicou no Diario Oficial de Galicia e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2015.

Mér, 14/01/2015

O Concello de Mesía informa de que ata o vindeiro 15 de marzo poderanse solicitar as axudas autonómicas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomentos Forestal (Sofor), convocadas pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Páxinas