Noticias

Mér, 16/12/2020
DEPORTE SOLIDARIO A FAVOR DA AECC E CÁRITAS - Concello de Mesia

Retomamos a solidariedade dende o deporte, achegando a posibilidade de intermediar con vós para colaborar ca  AECC (Asoc. española contra o cáncro) e con CÁRITAS para familias necesitadas da parroquia. Solo podemos recoller cartos nas furnas habilitadas para elo, xa que este ano non podemos coller alimentos fisicamente.

Xa estamos recollendo as vosas achegas na Casa da Cultura e as furnas estarán aqui ata o 24 de decembro. O 27 de decembro as 18 h. entregaremos as doazóns.

Mar, 15/12/2020
ENTRADAS GRATUITAS PARA  IR PATINAR SOBRE XEO - Concello de Mesia

Xa que non podemos ir de excursión con seguridade este ano, regalamos as entradas para ir patinar sobre xeo en Área central a empadroados.

Destinatarios/as: Rapazada de 4 ata os 18 anos.

ATENCIÓN AOS PRAZOS:

     - Reserva entradas: Ata o 18 de decembro enviándonos un wassap ao 699453750.

     - Recollida entradas: Do 21 ao 23 na Casa da Cultura.

Lun, 14/12/2020
COCIÑANDO NO NADAL Concello de Mesia 2020

Para cociñar no nadal vai vir Manuel facer receitas navideñas na Casa da Cultura.

Temos prazas presenciais por grupos e tamén conectaremos en liña para facer dende a casa as receitas ou tomar notas.

IMPORTANTE Inscricións: ata o 17 de decembro por teléfono na Casa da Cultura 981687241.

Ven, 11/12/2020
NADAL 2020 CONCELLO DE MESÍA

Presentamos as actividades e eventos para este Nadal no Concello de Mesía.

19 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (Adultos)

21 decembro - CIRCO no CPI Xanceda

22 decembro - PAXE REAL nas unitarias de Visantoña e Olas

27 decembro - DEPORTE SOLIDARIO: Andaina e circuito Saudable

28, 29 e 30 - CAMPAMENTO CONCILIA NO NADAL

28 decembro - COCIÑANDO NO NADAL EN LIÑA (nenos/as)

4 xaneiro - O TREN DOS REIS

Invitacións gratuitas para ir PATINAR SOBRE XEO, e continuamos cas Actividades físicas en liña.

Máis información co Novas de Nadal en LER MÁIS

Lun, 07/12/2020

Con data de hoxe, 07.12.2020, procédese á publicación das listas das puntuacións totais definitivas obtidas polos/as candidatos/as que participaron no proceso selectivo para a contratación de persoal (director, mestres especialistas, titor e administrativo) e dos/as alumnos/as-traballadores/as do obradoiro de emprego dual "Brañas do Illó-Río Samo III".

Para ver os listados pulse en "Ler máis".

Páxinas