Información COVID-19 (Coronavirus)

Concello de Mesía

Ven, 08/05/2020
Reapertura Fisio e Podoloxía

O concello de Mesía reabrirá o vindeiro luns 11 de maio o servizo de Podoloxía e Fisioterapia.

O servizo deixou de estar operativo tras decretarse o estado de alarma e reabrirá as súas portas de novo a veciñanza, con prioridade para maiores, dependentes, ou con discapacidade. O servizo a domicilio para casos de dependentes ou colectivos vulnerables ampliarase debido o COVID19.

Creemos que agora máis que nunca é preciso dar o máximo dos servizos posibles no concello e que a xente se desplaze fora o menos posible.

Ao longo desta semana concertáronse as citas que foran anuladas pola situación de emerxencia sanitaria.

Nestas primeiras fases de apertura do confinamento vai ser necesaria moita capacidade de adaptación para afrontar as novas situacións, dende a petición de cita previa a limitación de aforo ou o uso de mascarilla protectora.

Recomendacións ao:

    Acudir só e sin acompañante, a non ser que o paciente sexa dependente.

    Sen pulseiras, colares ou pendentes metálicos.

   Desinfectar as máns con xel hidroalcohólico, (na entrada).

    Acudir con mascarilla, no caso de non tela proporcionaráselle nas dependencias municipais.

    Manter a distancia de seguridade mentras non se realice a sesión.

    Se é posible esperar fóra ou no coche, e manter sala de espera só con unha persoa.

    ¡¡¡¡Ser moi puntuais e non acudir ao servizo sen cita previa!!!!!.

Nos esquezades que a protección de todos é unha tarefa comunitaria.

 

Sáb, 25/04/2020
Mascarillas

O Concello de Mesía pon a disposición dos seus vecinos e veciñas mascarillas de tipo cirúrxico triple capa con certificación CE para produtos sanitarios. 

Os que precisen deste material teñen que persoarse no edificio da Casa Consistorial donde se lles facilitará este material en horario de de 09 a 14 horas.

Aquelas persoas que non poidan desprazarse deberán comunicalo de xeito telefónico 981 687001 para que se lle acheguen ao seu domicilio.

O obxectivo desta medida é reforzar a seguridade da veciñanza que teña que saír á rúa durante o período de confinamento e desde o Concello lembran que a utilización da mascarillas debe ser sempre complementario ás medidas de distancia interpersoal, hixene de mans e hixene de espazos públicos e privados.

Sáb, 25/04/2020
Test

A Consellería de Sanidade, a través dos seus recursos asistenciais, empezará a realizar nos Centros de Saúde do Concello de Mesía os test do estudo epidemilóxico para coñecer a situación do Coronavirus Covid 19 en Galicia.

O Instituto Galego de Estatística será o encargado de enviar o listado coas persoas seleccionadas a cada un dos centros de saúde. O reparto das mostras é:

Centro de Saúde de Xanceda: 10 test

Centro de Saúde de Visantoña: 17 test.

A partir do luns 27 de abril as citacións ás probas realizaranse mediante contacto telefónico con cada unha das persoas seleccionadas e, tras realizárselles unha pequena enquisa concretarase unha cita para facer o test no centro de saúde especificado.

Neste senso, a toma da mostra consistirá nunha punción dixital que tras ser introducida nun medio reactivo, indicará se esa persoa tivo contacto coa Covid-19 ou non.

Ademais, no caso de que a persoa seleccionada para realizar a proba se atope encamada, o persoal do centro desprazarase até o seu domicilio.

Cabe subliñar que os resultados das probas comunicaranse no mesmo día da súa realización, por medio dunha nova chamada telefónica.

Se es seleccionado/a, debes saber que a participación no test é #voluntaria. Se non queres participar, non pasa nada xa que chamarán ás persoas suplentes. E, para que ninguén estea pegado ao teléfono: faranse varias chamadas e en horarios diferentes.

Se non recibes esa chamada, non vaias nin chames ao centro de saúde, pois só se farán os test previstos.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) encargouse de determinar o tamaño dunha mostra coa que poder debuxar o mapa epidemiolóxico das catro provincias galegas. Así, a poboación que será obxecto de investigación serán as persoas que dispoñan da tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde e que, tras ser escollidas dun xeito aleatorio, permitirán estratificar a influencia da pandemia por áreas territoriais; a prevalencia do virus segundo os diferentes tramos de idade (0-18 anos,19-64 anos e 65 ou máis anos) e o seu sexo.

O estudo epidemiolóxico permitirá ter unha visión máis nítida e ampla do Covid-19 en Galicia, e incide en que esta investigación repercutirá dun xeito beneficioso en toda a poboación, particípese ou non na toma de datos pois, os resultados do proxecto, permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do Covid-19, permitindo adoptar as medidas sanitarias e de confinamento máis axeitadas; coñecela súa incidencia de acordo as variables de sexo, idade, área territorial; poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.

Ven, 24/04/2020
Información casos Covid 19

Segundo os datos oficiais difundidos e contrastados polas autoridades sanitarias, infórmase da recuperación das dúas persoas afectadas polo Covid 19.

Unha delas de volta no seu domicilio e a outra con vixiancia hospitaria por patoloxías crónicas asociadas.

Dende o concello de Mesía celebramos a boa evolución da persoa que recibiu a alta hospitalaria e desexamolle unha pronta e total recuperación a persoa hospitalizada.

Unhas boas novas que fan que insistamos na necesidade de non baixar a garda en ningún momento: #quedanacasa, #Coronavirus, sigue as recomendacións das autoridades sanitarias e coida de ti e dos teus.

E moito ánimo, que xa nos queda menos para saír desta tod@s xunt@s‼️

Continuamos a traballar dende a máxima coordinación entre administracións, actualizando todas as medidas e recomendacións, en vixiancia permanente.

Si os veciños sodes coñecedores de algunha persoa que polos condicionantes añadidos precisa algún tipo de axuda para adquirir produtos de primeira necesidade, mediciñas ou cita médica, prégase se poñan en contacto nos telefónos 981687001 ou cos Servizos Sociais no 981687238

Web: concellodemesia.gal

Facebook: Concello de Mesia

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas

Ven, 17/04/2020

O Punto Limpo de Frades-Mesía reanudou a súa actividade no se horario cotiá: Mércores de 16:00 a 20:00 horas e Sábados de 12:00 a 16:00 horas

Se precisas facer uso destas instalacións, lembra que tes que cumprir as medidas de protección recomendadas durante este tempo de corentena polo #coronavirus: gardar a distancia de 2 metros, utilizar luvas de protección...

Lembrar que está totalmente prohibido deixar enseres fora das instalacións do punto limpo.

Aproveitamos tamén para compartir as recomendacións da Fegamp sobre o uso dos contedores de lixo.

Ven, 17/04/2020

Segundo os datos oficiais difundidos e contrastados polas autoridades se  informa da situación actual sinalando que os datos actuais son de 1 persoa afectada  e 1 persoa recuperada polo Covid 19.

Dende o concello de Mesía celebramos a boa evolución da persoa que recibiu a alta hospitalaria e desexamolle unha pronta e total recuperación a persoa afectada polo coronavirus, moito ánimo aos seus familiares e amigos.

Unhas boas novas que fan que insistamos na necesidade de non baixar a garda en ningún momento: #quedanacasa, sigue as recomendacións das autoridades sanitarias e coida de ti e dos teus.

E moito ánimo, que xa nos queda menos para saír desta tod@s xunt@s‼️

Continuamos a traballar dende a máxima coordinación entre administracións, actualizando todas as medidas e recomendacións, en vixiancia permanente.

Si os veciños sodes coñecedores de algunha persoa que polos condicionantes añadidos precisa algún tipo de axuda para adquirir produtos de primeira necesidade, mediciñas ou cita médica, prégase se poñan en contacto nos telefónos 981687001 ou cos Servizos Sociais no 981687238

Web: concellodemesia.gal

Facebook: Concello de Mesia

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas

Mar, 14/04/2020
Información Covid 19

Segundo os datos oficiais difundidos e contrastados polas autoridades Sanitarias temos 2 casos positivos por coronavirus Covid19 no municipio.

Os dous casos permanecen hospitalizados.

Desexámoslles unha pronta recuperación, moito ánimo aos seus familiares e amigos.

Continuamos a traballar dende a máxima coordinación entre administracións, actualizando todas as medidas e recomendacións, en vixiancia permanente.

Mar, 14/04/2020

INFORMACIÓN DE INTERESE LOITA CORONAVIRUS

Continuidade coa entrega de mascarillas cirúrxicas por parte do concello nos establecimentos de uso público.

Son 200 mascarillas de tea que foron doadas pola Mancomunidade de Ordes.

As mascarillas que se porán á disposición foron feitas polas persoas do téxtil e outras colaboradoras que traballaron como voluntarias en coordinación coa Mancomunidade de Ordes.

Este cubre-bocas non é un Equipo de Protección Individual ( EPI) nin tampouco un Produto Sanitario (PS), e non está deseñado para substituír a estes. O propósito deste produto é meramente hixiénico

Recordar que o uso da mascarilla non é garantía máxima para poder saír á rúa, pero si unha excelente medida de prevención que axuda a salvar vidas.

Hai que facer un uso responsable da mesma; e recoméndase que se marquen para que sexan sempre empregadas pola mesma persoa en cada domicilio. 

Grazas a todas!!!

Video de agradecento

#mascarillassolidarias #xuntaspodemos #todosairáben #quedanacasa #mancomunidadeordes

#EsteVirusLoParamosUnidos

Web: concellodemesia.gal

Facebook: Concello de Mesia

Concello de Mesía: 981 687001, Servizos Sociais: 981 687238

Teléfono Social de Emerxencia: 699 453 750

Horario de atención á veciñanza: 09 a 14 horas

Mar, 07/04/2020

Inicio do operativo de entrega de mascarillas cirúrxicas por parte do concello en tódolos domicilios, e debido a limitación do material sanitario, no reparto priorizaráse entre ás persoas máis fráxiles axudando a reducir e minimizar o risco máximo de contaxio, e decir, ás persoas máis vulnerábeis ou en situación de emerxencia. A súa vez os empregados municipais comprobarán calquera incidencia ou dúbida que os nosos veciños queiran trasladarlle.

Mar, 07/04/2020

En vistas de que hai veciñ@s que nos manifestaron a dificultade para imprimir fichas ou tarefas escolares. O Concello de Mesia, prestará o servizo de fotocopiado das tarefas, deberes e material escolar para alumnos de infantil, primaria, secundaria ou ensino superior.

Lun, 06/04/2020

O sábado 4 de abril do actual, no Boletín Oficial do Estado publícase o modelo de solicitude que os/as traballadores/as autónomos/as deberán utilizar para poder acollerse ao bono social e á correspondente redución do prezo da electricidade, regulado no artigo 28 do Real  Decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias para facer frente ao COVID-19 aprobado polo Consello de Ministros.

Lun, 06/04/2020

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

Lun, 06/04/2020

Desde o Concello de Mesía, ante esta grave crise sanitaria, pídese á veciñanza a difusión desta información oficial que nos axudará a superar antes a situación.

Recomendacións e Precaucións a ter en conta:

-Información xeral funcionamento municipal e sanitaria. Lembrade: (pica en ler máis)

Ven, 03/04/2020

Para a vosa información achégamosvos a última referencia sobre a xestión e adopción de medidas diante da situación de crise sanitaria  e estado de alerta ocasionada polo COVID-19.

Para que todos /as manexemos a mellor información e poidamos difundila e desmentir as mentiras e novas falsas que tanto dano están a facer nesta pandemia.

Agradecendo a vosa colaboración, un cordial saúdo

Equipo de goberno

Mar, 31/03/2020

Informámolos/as de que, como parte do protocolo para frear a expansión do coronavirus, o Concello de Mesía está realizando a desinfección dos espazos públicos más concorridos do termo municipal. Os operarios recorren algúns dos lugares e puntos máis frecuentados do concello  para executar as labores de desinfección conforme ás recomendacións do Ministerio de Sanidade.

Lun, 30/03/2020

O alcalde prega á cidadanía que desculpe as molestias que todas estas medidas poidan ocasionar e fai un chamamento á responsabilidade e á colaboración, e prega, así mesmo, se atendan as recomendacións das autoridades sanitarias en todo momento.

Lun, 30/03/2020

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicado na noite do domingo 29 de marzo, recolle unha orde ministerial na que se detallan as novas medidas a aplicar após o falecemento dunha persoa. Debido ao decorrer dos rituais de pasamento, o Ministerio de Sanidade tomou a decisión de prohibir todos os velorios, tanto os que puidesen ter lugar en centros públicos coma privados, así como restrinxir outras cerimonias fúnebres en tanto que se manteña o estado de alarma.

Lun, 30/03/2020

O Consello de Ministros extraordinario aprobou o Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais co fin de reducir a mobilidade da poboación na loita contra o  COVID-19, que non terán que acudir ao seu posto de traballo entre os días 30 de marzo ao 9 de abril.

Lun, 30/03/2020

iA primeira campaña de recadación de 2020, que comezaba este mes e que inclúe o imposto de vehículos (IVTM) e outras taxas, aprázase ata despois do 30 abril.

Lun, 16/03/2020

Bando de 16 de Marzo de 2020, referente a medidas derivadas do estado de alarma polo Coronavirus

Ven, 13/03/2020

Bando de 13 de Marzo de 2020, referente a medidas e recomendacions para evitar contaxio por Coronavirus