Noticias

Xov, 15/01/2015

O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria de axudas para indemnizar o sacrificio obrigatorio de animais. A convocatoria da Xunta xa se publicou no Diario Oficial de Galicia e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2015.

Mér, 14/01/2015

O Concello de Mesía informa de que ata o vindeiro 15 de marzo poderanse solicitar as axudas autonómicas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomentos Forestal (Sofor), convocadas pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Lun, 12/01/2015
Leitariegos

O vindeiro venres 16 de xaneiro remata o prazo para inscribirse na saída á estación de esquí de Leitariegos (León) que organiza o Concello de Mesía. A saída está programada para o domingo 25 de xaneiro. Os prezos son de 43,50 euros para adultos que saiban esquiar e de 37,50 euros para quen non saiban. Os nenos e nenas, ata 14 anos, pagan 35 euros. Inscricións no 981 68 72 41 ou en elenarocamoro@concellodemesia.es.

Mér, 07/01/2015
Presentación Libro Antonio Gómez Carneiro

Este venres 9 de xaneiro preséntase na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, o libro 'A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)'. O seu autor, Manuel Pazos, estará acompañado polo profesor universitario Emilio Grandío e polos autores dos anexos do traballo. No acto intervirán os alcaldes de Mesía e de Oroso, ademais do de Ordes como presidente da Mancomunidade. Pecharase coas actuacións das cantareiras 'Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía' e de 'Mini e Mero'.

Lun, 05/01/2015
Reis Magos

Os Reis Magos acudiron fieis e puntuais á súa cita cos nenos e nenas de Mesía, que os recibiron durante a tarde de hoxe nunha festa especial no pavillón polideportivo municipal en Xanceda. Ademais da recepción dos Reis, os cativos puideron divertirse con atraccións, xogos e obradoiros. Tamén se ofreceu unha merenda con roscón de reis e chocolate. Máis información e fotos en 'ler máis'.

Lun, 29/12/2014

Un total de 110 persoas, entre nenos, adolescentes e adultos, participaron hoxe na saída de patinaxe sobre xeo e cine á Coruña, organizada polo Concello de Mesía. A mañá aproveitárona na pista de patinaxe. Despois de xantar, foi o momento da relaxación vendo unha película durante a tarde.

Dom, 28/12/2014

O torneo solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro', que se celebrou hoxe, conseguiu recadar 2.777 euros en favor da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña. A súa presidenta, Elena Viturro, recolleu as doazóns de equipos, particulares, asociacións e empresas ao remate da xornada, na que o equipo 'Castro' gañou a competición masculina e 'As Trouts' a feminina.

Ven, 26/12/2014

Novidade: Grazas ás empresas colaboradoras, haberá tres sorteos na rifa en vez do único previsto inicialmente.

Para seguir o evento nas redes sociais:
https://www.facebook.com/events/670966096353954/?ref=22

Lun, 22/12/2014

O Salón de Ocio Infantil e Xuvenil Xuvenlugo 2014 recibiu hoxe a visita de Mesía. Máis de cen persoas -entre nenos e nenas, pais e nais e outras persoas acompañantes- participaron na saída organizada polo Concello dentro do programa municipal de actividades de Nadal.

Dom, 21/12/2014

Preto de cen veciños e veciñas participaron hoxe na Xuntanza do Nadal organizada polo Concello de Mesía nun restaurante de Malpica. Tras un xantar con receitas propias das festas que están a punto de comezar, houbo tempo para o baile, a conversa e a diversión. Cada persoa asistente pagou 25 euros por acudir a esta actividade.

Páxinas