O Concello de Mesía acaba de presentar a súa programación de actividades culturais e deportivas para o verán 2014. Inclúe escolas de verán e campus infantís, actividades e escolas para adultos, obradoiros específicos para a xuventude, varios eventos deportivos e diversas saídas lúdicas, entre elas o programa 'Imos á praia'. Boa parte da programación terá como epicentro a piscina municipal e o complexo deportivo adxacente, que abren este sábado 21 de xuño. As inscricións para as escolas de verán, que comezan o 7 de xullo, poden efectuarse ata o 30 de xuño. Toda a programación neste boletín.
Ficha de inscrición.
Noticias
Lun, 16/06/2014 |
|
|
Lun, 16/06/2014 |
A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, comprobaron esta mañá a reparación de varios camiños rurais no municipio. O Concello de Mesía recibiu unha achega de máis de 74.000 euros para o acondicionamento de varias pistas, nunha acción enmarcada no Plan Marco de Mellora de Camiños de titularidade municipal que desenvolve a Consellería do Medio Rural e do Mar. Máis información en 'ler máis'. |
|
Ven, 13/06/2014 |
O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia decidiu prohibir as queimas ata novo aviso polas condicións meteorolóxicas. De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez. |
|
Sáb, 07/06/2014 |
As escolas deportivas e culturais do Concello de Mesía celebraron a fin de curso cunha festa no polideportivo municipal en Xanceda a pasada tarde. Deceas de persoas asistiron á festa, na que se puideron ver exhibicións das actividades deportivas e algunha actuación das culturais. Ademais, proxectáronse imaxes de todas as actividades municipais desenvoltas ao longo do curso. |
|
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64